Manuel Rey Suárez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1869 Oseiro, España |
Morte | 3 de xullo de 1940 (71 anos) Oseiro, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Rey Suárez, nado en Oseiro (Arteixo) o 1 de xaneiro de 1869 e finado na mesma parroquia o 3 de xullo de 1940, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Oseiro. Integrou na Unión Campesina ás asociacións agrarias de Arteixo, Lañas, Meicende, Oseiro, Pastoriza e Suevos. Foi vicepresidente da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi elixido concelleiro de Arteixo en 1911, elección que foi proclamada nula pola Comisión provincial en xullo,[1] aínda que finalmente foi concelleiro e sindico de Arteixo.[2] Na Segunda República interveu nos mistins republicanios de Arteixo, como o de novembro de 1932 con Luis Cortiñas Díaz.[3] Publicou algunhas colaboracións en La Voz de Galicia.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Pastoriza con Genoveva Riveiro Castro e foi pai de Jesús, Clotilde e José Rey Riveiro.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Blanco Rey, Manuel (2008). Arteixo durante la Segunda República y la Guerra Civil. Santiago de Compostela: Tórculo.