Manuel Rodellino Carballo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 27 de marzo de 1986 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro, sindicalista ![]() |
![]() |
Manuel Rodellino Carballo, nado na Coruña en febreiro de 1905 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1986, foi un zapateiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zapateiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por implicación na tentativa de fuga do boniteiro Explorador. Xulgado en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,[1] foi condenado á pena de morte. A sentenza foi conmutada. Cumpriu condena na Prisión da Coruña, da que saíu en liberdade condicional en maio de 1943.[2] Finou na Coruña o 27 de marzo de 1986.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4.
- ↑ BOE, 6-6-1943, p. 5460-5463.
- ↑ La Voz de Galicia, 28-3-1986, p. 34.