Manuel Rodríguez Barros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1926 Ponteareas, España |
Morte | 22 de outubro de 1997 (71 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Deporte | ciclismo de competición |
Familia | |
Irmáns | Delio Rodríguez Emilio Rodríguez Aurita Rodríguez Pastor Rodríguez Barros |
Manuel Rodríguez Barros, nado en Ponteareas o 13 de agosto de 1926 e finado o 20 de outubro de 1997 en Vigo, foi un ciclista galego. Manuel foi o menor dos catro irmáns Rodríguez (Delio, Pastor e Emilio) que se adicaron ó ciclismo profesional, ademais da súa irmá Aurita que tamén foi ciclista de competición. Estivo en activo dende 1947 até 1960, participando en dúas edicións do Tour de Francia e cinco da Vuelta a España, na que acadou o segundo posto da clasificación xeral en 1950 tralo seu irmán Emilio.
Resultados nas Grandes Voltas
[editar | editar a fonte]Carreira | 1948 | 1949 | 1950 | 1951 | 1952 | 1953 | 1954 | 1955 | 1956 | 1957 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vuelta a España | 7º | 2º | 22º | 10º | 27º | |||||
Giro de Italia | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - |
Tour de Francia | - | - | - | 44º | - | - | 45º | - | - | - |
En gris os anos nos que non houbo Vuelta a España. Cun trazo os anos nos que non disputou a proba.
Outros resultados
[editar | editar a fonte]- Segundo na Volta a Galicia 1947.
- Segundo na Vuelta a Burgos 1947.
- Gañador da Subida a Arrate 1950.
- Gañador da Subida a Arrate 1951.
- Segundo na Volta a Portugal 1951.
- Terceiro na Volta a Cataluña 1951.
- Terceiro na Volta a Portugal 1952.
- Terceiro na Vuelta a Asturias 1954.
- Segundo no Campionato de España de montaña en ruta 1954.