Volta a Portugal
Tipo | corrida por etapas (pt) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Portugal 39°N 9°O / 39, -9Coordenadas: 39°N 9°O / 39, -9 ![]() |
Vixencia | 1927 – ![]() |
Calendario da tempada | agosto – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | volta-portugal.com ![]() |
A Volta a Portugal (oficialmente: Volta a Portugal em Bicicleta / Liberty Seguros é unha carreira ciclista por etapas, organizada pola empresa Lagos Sports, que se disputa en Portugal polo xeral a mediados do mes de agosto.
Creada en 1927, até 2015 téñense celebrado 77 edicións desta proba. A carreira consta dunha prólogo e 10 etapas, rematando a última delas en Lisboa. Adoita haber unha etapa contra o reloxo e cando menos dúas etapas con final en alto (son tradicionais as etapas con ascensión final ó alto da Senhora da Graça e ó alto da Torre). Entre 1940 e 1980 a carreira duraba 3 semanas. A pesar de ser unha proba con moita tradición, a Volta a Portugal quedou colocada entre o grupo de carreiras de segundo nivel en 2005, coa creación do circuíto UCI ProTour. Actualmente forma parte do UCI Europe Tour coa categoría 2.1.
Considerada a carreira ciclista máis importante de Portugal, por diante da Volta ó Algarve e a Volta ó Alentexo, recibe o alcume de La Grandíssima.
Xerseis[editar | editar a fonte]
Estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Camisola amarela: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
Camisola azul: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
Camisola vermelha: vestido polo líder da clasificación por puntos.
Camisola laranja: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
Palmarés[editar | editar a fonte]
O galego David Blanco ostenta o récord de vitorias definitivas con 5, seguido do portugués Marco Chagas con 4, e dos tamén portugueses Joaquim Agostinho e Alves Barbosa con 3. Namentres, o campión nas últimas dúas edicións é o español Raúl Alarcón.
Palmarés por países[editar | editar a fonte]
País | Vitorias |
---|---|
![]() |
57 |
![]() |
8 |
![]() |
6 |
![]() |
2 |
![]() |
1 |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
![]() |