Manuel Rodríguez Rodríguez (relixioso)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1898 ![]() Ribadavia, España ![]() |
Morte | 28 de setembro de 1975 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | relixioso ![]() |
![]() ![]() |
Manuel Rodríguez Rodríguez, nado en Ribadavia o 16 de novembro de 1898 e finado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975, foi un relixioso e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa formación cos Irmáns Maristas en 1910, congregación na que profesou temporalmente o 22 de marzo de 1915 e perpetuamente o 28 de setembro de 1920. Iniciou a súa carreira como profesor en Ourense en 1915. Ocupou diversas responsabilidades en colexios da súa congregación na Coruña, Tui e Madrid. En 1943 dirixiu en Madrid o Colexio Infanta María Teresa, restaurado por el logo da guerra civil. Mestre nacional, diplomado en Estudos Hispánicos, diplomado en francés pola Escola Superior de Idiomas e Licenciado en Filosofía y Letras. En 1942 dirixiu a revista Orientaciones e foi director da Asociación mundial de Antigos Alumnos maristas. Foi membro fundador da Federación Española de Relixiosos de Enseñanza e cofundador do Consello Superior de Misións en 1940. En 1970 fundou en Santiago de Compostela o Seminario Fontán-Sarmiento de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia, que dirixiu ata a súa morte no Colexio Maior Gelmirez de Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Breviario de la vida y de la muerte, 1930.
- Cinco estampas marianas para teatro, 1947.
- Labor misionera de España en el mundo, 1950.
- Santa Florentina, 1954.
- Novena a la madre de Dios del Lodairo, 1956.
- Fray Jacinto de Ribera, 1960.
- Hidrotoponimia de la ría de Arosa: Accidentes costeros, emergentes y submarinos con sus coordenadas, 1976.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 29-11-1975, p. 18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díez y Díez, A. (2000). "Hno. Manuel Rodríguez, fundador del Seminario Fontán-Sarmiento". Boletín de Estudios del Seminario Fontán-Sarmiento de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia (21): 19–37.