Manuel Rubén García Álvarez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1915 Ribadavia, España |
Morte | 12 de febreiro de 1980 (64 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | médico, historiador |
Membro de | |
Manuel Rubén García Álvarez, nado en Ribadavia o 17 de xuño de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 12 de febreiro de 1980, foi un médico e historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina en Madrid. Volveu en 1942 a Ribadavia para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. Interesouse pola historia de Galicia e do Norte de Portugal. Colaborou en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia (1962) e da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro en 1969 e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.
Obras
[editar | editar a fonte]- Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109, 1967.
- Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media, 1975.