Manuel Sánchez Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Ferrol, España |
Morte | abril de 1940 (51/52 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo |
Manuel Sánchez Hermida, nado en Ferrol en 1888[1] e finado na mesma cidade en abril de 1940,[2] foi un dramaturgo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi ebanista e estudou Debuxo e Xeometría na Escola de Artes e Oficios de Ferrol con Euxenio Charlón. Despois traballou na Sociedad Española de Construcción Naval. Formouse con Charlón na Escola Dramática Galega fundada por Eduardo Sánchez Miño en 1908. Compuxo con el sainetes satíricos e pezas teatrais, normalmente escritos para ser interpretados por eles mesmos. Varias das súas obras son coñecidas como “parrafeos”. Utilizaron un galego coloquial e festivo, pero non exento de cultismos. Participou na fundación da Irmandade da Fala de Ferrol e na do Real Coro Toxos e Froles.
Foron dous artistas de Ferrol que disfrutaron un tempo de grande popularidade. Socios entusiastas do laureado coro local Toxos e Froles, compuxeron pasos e sainetes que podían sempre ser interpretados por dous actores soamente. Eles mesmos daban a coñecer así as súas pezas.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Como obras máis destacadas figuran: Mal de moitos, Trato a cegas, Axúdate e O que non sabe mañas (O Menciñeiro)[a], estreadas entre os anos 1915 e 1925.
Permanecen inéditas Calquera entende este enredo, Nocturno periodístico, Polo pan baila o can e !Ai se mandáramos nós.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores Díaz e foi pai de Manuel, Luis, Salvador, Miguel Ángel e Joaquín Sánchez Díaz.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O que non sabe mañas e O Menciñeiro son dous títulos da mesma obra. Levou o nome de O que non sabe mañas na primeira representación e O Menciñeiro a partir da segunda.
- Notas
- ↑ Burgoa Fernández, J. J. (13 de marzo de 2016). "Eugenio Charlón Arias y Manuel Sánchez Hermida". Diario de Ferrol (en castelán).
- ↑ El Correo Gallego, 12-4-1940, p. 2.
- ↑ "A Irmandade de Fala tivo un dos seus maiores impulsores en Euxenio Charlón". La Voz de Galicia. 6 de xullo de 2002.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Sánchez Hermida |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Manuel Sánchez Hermida |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Sánchez Hermida, Manuel". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 157. ISBN 84-7680-288-9.
- "Sánchez Hermida, Manuel". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 226.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 571, 628–629, 781. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 403. ISBN 84-7492-465-0.
- Ogando, I.; Tato, L. (2012). Textos recuperados. De Galo Salinas a Castelao (CC BY-SA 4.0). Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. UDC. ISBN 978-84-9749-533-2. doi:10.17979/spudc.9788497495332.
- Pena, X. R. (2014). Historia da literatura galega. II. De 1853 a 1916. O Rexurdimento. Xerais. pp. 404, 405, 410. ISBN 978-84-9914-764-2.
- Rabunhal, Henrique (1994). Textos e contextos do teatro galego 1671-1936. Santiago: Edicións Laiovento. ISBN 84-87847-39-0.
- Tato Fontaíña, Laura (1996). O teatro galego e os coros populares 1915-1931 (tese). UDC. ISBN 978-84-692-8929-7.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 550 ⇒ 137. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]