Henrique Rabuñal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de novembro de 1962 (61 anos) Pastoriza, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor de ensino secundario |
Premios | |
Henrique Manuel Rabuñal Corgo, nado en Pastoriza (Arteixo) o 6 de novembro de 1962, é un profesor, escritor e crítico literario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, conseguindo posteriormente o doutoramento[1]. A súa tese doutoral foi publicada en 1994 co título Textos e Contextos do Teatro Galego (1671-1936). Esta obra converteuno definitivamente nun dos máis prestixiosos estudosos sobre teatro galego, se ben xa dera a coñecer esta súa faceta durante a celebración do II Congreso Internacional de Lingua e Literatura Galego-Portuguesa (organizado pola AGAL, da que é socio), ao cal acudiu co traballo: "Contribuiçom ao estudo do Entremez famoso sobre a pesca no rio Minho". Tamén é Diplomado en Lingua Portuguesa pola Universidade de Coímbra.[2]
Nacionalista galego, Henrique Rabuñal traballou desde moi novo en asociacións de corte galeguista por el mesmo fundadas (A Nova Mocidade e Xiada). Foi presidente e directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega. É catedrático de lingua e literatura galegas con destino no IES Agra do Orzán da Coruña logo de exercer nos Institutos de Foz, Salvador de Madariaga, Manuel Murguía, Paseo das Pontes, Rafael Dieste e Ramón Menéndez Pidal[3], e tamén foi profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.[4] Henrique Rabuñal cultivou a narrativa e especialmente a poesía, ensaio e teatro.
Manuel Murguía, Marinhas del Valle, Carvalho Calero, o Padre Sarmiento, Lugrís Freire, Xosé María Álvarez Blazquez ou Manuel María foron obxecto dos seus estudos en moitas ocasións. Ten colaborado en numerosas revistas e xornais.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Epistolário em catro tempos (1985). Ediciós do Castro.
- A fariña das horas (1998). Espiral Maior. 112 páxs. ISBN 9788489814523.
- Susana Mourelle Troitín (2002). Edición en Internet.
- Ollos negros (2004). Espiral Maior. 118 páxs. ISBN 9788495625281.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Paixom e morte dum condenado (1984). Ediciós do Castro.
- Poemas da luz e da loucura (1992). Espiral Maior. 80 páxs. ISBN 9788488137043.
- O tempo demorado nos marmelos (2000). Espiral Maior. 88 páxs. ISBN 9788489814905.
- O cristal da sede (2006). Espiral Maior. 152 páxs. ISBN 84-96475-35-2. Recompilación da súa poesía.
Teatro
[editar | editar a fonte]- A Noite da Noites (1985). Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Desesperados (1990). En Renovação, 2.
- Oratio Mare (O Cântico de Orfeu) (1992). En: Olláparo, 11;1992, Cadernos da Escola Dramática Galega, 95).
- Mumias no País de Luzetro (2000). En Cadernos de Teatro, 2ª época, 2.
- Teatro incompleto (2009). Laiovento. 87 páxs. ISBN 978-84-8487-161-4.
Ademais doutras pezas que viron a luz en diferentes publicacións.[6]
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Textos e contextos do teatro galego (1671-1936) (1994). Laiovento. 252 páxs. ISBN 978-84-87847-39-0.
- A Coruña na historia (1999). A Nosa Terra. 64 páxs. ISBN 9788489976719.
- Manuel Martínez Murguía (1999) A Nosa Terra. ISBN 9788489976702.
- Manuel Murguía (1999). Laiovento. 180 páxs. ISBN 978-84-89896-52-6. Traducido ao castelán no 2006, en Laiovento, por Xosé Manuel Fernández Costas. ISBN 9788484870999.
- Jenaro Marinhas del Valle. A vida escura (2000). Laiovento. 108 páxs. ISBN 978-84-89896-74-7.[7]
- O Padre Sarmiento. Arquivo da Lingua e Cronista da Patria (2002). Espiral Maior. ISBN 84-95625-39-3.
- Palabra e Patria (2005) Laiovento. 197 páxs. ISBN 978-84-8487-069-3.[8]
- Manuel Lugrís Freire (2006). A Nosa Terra. 79 páxs. ISBN 84-8341-016-8.[9]
- Xosé María Álvarez Blázquez na súa canle secreta (2008). Laiovento. 87 páxs. ISBN 978-84-8487-134-7.[10]
- O teatro en Jenaro Marinhas del Valle (2009). Universidade da Coruña. 218 páxs. ISBN 978-84-8749-363-5.[11]
- Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra (2020). Galaxia. 208 páxs. ISBN 978-84-9151-436-7.[12][13][14]
- Murguía: cen anos despois (2023). Santiago: Laiovento. 138 páxs. ISBN 9788484876090.
Edicións
[editar | editar a fonte]- O marinheiro, de Fernando Pessoa (1985), Cadernos da Escola Dramática Galega.
- La primera luz. Libro de lectura para uso de las escuelas de primeras letras de Galicia. Manuel Murguía (2000). Ed. facsímile. Edicións Xerais de Galicia, S. A. e San Luis en Vigo. Prólogo de Xesús Alonso Montero, edición e estudo de Henrique Rabunhal (en galego). ISBN 84-830-2539-6.[15]
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). Espiral Maior. 95 páxs. ISBN 9788496475854.
Homenaxes e obras conxuntas
[editar | editar a fonte]- Estudo crítico das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (ILG-RAG) 1982 (1983, AGAL. 2ª edición en 1989).
- V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
- VI Festival da Poesia no Condado (1986, S. C. D. Condado).
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1986, AGAL).
- As Weissleiver, en Concurso de Cuentos Galaico-Leonés (1987, Casa de Galicia de León).
- Homenagem ao Professor Carvalho Calero (1987).
- Muralla de Crescórnio (1989).
- A severa sinagoga, en Fogo cruzado (1989, AGAL).
- O mar de adentro (1990, Edicións do Dragón).
- Carlos Casares, Ilustrísima: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
- Luz Pozo Garza: Códice Calixtino: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias: curso de orientación universitaria (1993, Baía Edicións). Con Xosé Manuel Fernández Costas.
- Novo do trinque (1997, BNG).
- Palabras airadas (1998, Laiovento).
- Instantes dunha vida: Manuel Murguía, Día das Letras Galegas, Arteixo 2000, un nome, un pobo, unha data (2000, Concello de Arteixo). Con Felipe Senén e Xosé Ramón Barreiro.
- Manuel Murguía e Arteixo (2000, Espiral Maior).
- Tecendo Panos (2000, Laiovento).
- Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
- Negra Sombra. Intervención Poética contra a Marea Negra (2003, Espiral Maior).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Homenaxe a Ánxel Casal (2005, AELG).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009, Fundación Manuel María).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Vivir na Coruña: unha forma de habitar a cidade (2010, Concello da Coruña). Con fotografías de Xurxo Lobato.
- O Banco da Xente, en Banqueiros (2012, Laiovento).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016, Laiovento).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios
[editar | editar a fonte]- 1º Premio do Concurso de Teatro Breve do Facho no 1984, por A Noite das Noites.[16]
- 2º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1989, por 80 centímetros cúbicos.
- Premio Carvalho Calero de ensaio en 1998, por Manuel Murguía.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Autores - Rabuñal Corgo, Henrique". baiaedicions.gal. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Enciclopedia Historia Literatura Galega". literaturagalega.as-pg.gal. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Henrique Rabuñal Corgo. Galegos. Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Henrique Rabuñal Corgo". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "TEATRO". Henrique Rabuñal. 2018-03-29. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Edicións Laiovento - JENARO MARINHAS DEL VALLE, A VIDA ESCURA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Edicións Laiovento - PALABRA E PATRIA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Manuel Lugrís Freire. Edicións A NOSA TERRA. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Edicións Laiovento - XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NA SÚA CANLE SECRETA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "O teatro en Jenaro Marinhas del Valle. Universidade da Coruña. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ Miguel A., Mato Fondo (Xaneiro-xuño, 2020). "O Anxo da Terra". Grial. LVIII (225, 226): 83–84. ISSN 0017-4181.
- ↑ Rabuñal, Henrique (Xaneiro-xuño, 2020). "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra". Grial. LVIII (225, 226): 100–103. ISSN 0017-4181.
- ↑ "LA PRIMERA LUZ. LIBRO DE LECTURA PARA USO DE LAS ESCUELAS… MANUEL MURGUÍA. Facsímil 2000 del de 1859". todocoleccion.net (en castelán). Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Henrique Rabuñal". www.aelg.gal. Consultado o 2020-01-22.
- ↑ "Edicións Laiovento - MANUEL MURGUIA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-22.