Manolo Santana
Nome orixinal | (es) Manuel Santana | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||
Nacemento | (en) Manuel Martinez Santana 10 de maio de 1938 Madrid, España | ||||||||||||||||||||
Morte | 11 de decembro de 2021 (83 anos) Marbella, España | ||||||||||||||||||||
Residencia | Marbella | ||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||
Ocupación | tenista, adestrador de tenis | ||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1968 - 1977 | ||||||||||||||||||||
Patrimonio estimado | sen valor | ||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual | ||||||||||||||||||||
Man de xogo | destro | ||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 | ||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Claudia Inés Rodríguez (2013–2021), divorcio Mila Ximénez (1983–1986), divorcio | ||||||||||||||||||||
Fillos | Beatriz Santana () | ||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Manuel Santana, Influential Spanish Tennis Champion, Dies at 83 (en) | ||||||||||||||||||||
Manuel Santana Martínez, coñecido como Manolo Santana, nado en Madrid o 10 de maio de 1938 e finado en Marbella o 11 de decembro de 2021, foi un tenista español. Considerado un dos primeiros grandes tenistas españois da historia, xunto a Andrés Gimeno, foi unha das figuras deportivas máis célebres do seu país no século XX. Conquistou catro torneos de Grand Slam en categoría individual e un en dobres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia de poucos recursos de Madrid. Seu pai Braulio era electricista e sindicalista e coa chegada do franquismo foi encarcerado durante seis anos.[1][2] Aos 10 anos, Manolo foi un día ao Club Velázquez de tenis a levarlle un bocadillo a seu irmán Braulio, que traballaba alí como recolledor de pelotas. Alí descubriu o tenis e pouco despois conseguiu que seu irmán o metese a traballar no club.[3] Aos 12 anos faleceu seu pai, só un par de anos despois de saír do cárcere, e os problemas económicos da familia empeoraron. Manolo foi entón apadriñado e acollido polos adiñeirados irmáns Álvaro e Aurora Romero Girón, que coñecera no club de tenis,[2] e que lle deron aloxamento e pagaron os seus estudos.[4]
Continuou xogando ao tenis e en 1955 proclamouse campión de España júnior, título que revalidou ao ano seguinte.[3] Entre 1956 e 1958 conquistou tres veces consecutivas a Copa Galea.[5] En 1958 gañou o primeiro dos seus oito títulos de campión de España absoluto (os outros conseguiunos nos anos 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1968 e 1969).[5]
Éxito mundial
[editar | editar a fonte]En 1961 acadou a súa primeira final dun Grand Slam, no torneo de Roland Garros, despois de eliminar nas semifinais a Rod Laver. Na final conseguiu o seu primeiro gran título ao derrotar ao vixente campión, o italiano Nicola Pietrangeli en cinco sets.[6] Repetiu final do mesmo torneo en 1964, contra o mesmo rival, e gañou a súa segunda coroa ao derrotalo en catro sets.[7] Un ano antes proclamárase campión tamén en dobres, formando parella co australiano Roy Emerson.[8]
En agosto de 1965 liderou o equipo español na inesperada vitoria sobre os Estados Unidos na Copa Davis, converténdose nun heroe nacional e disparando o nivel de popularidade do tenis en España.[9] Unhas semanas despois conquistou o Aberto dos Estados Unidos, despois de eliminar nas semifinais ao estadounidense Arthur Ashe e derrotar na final ao surafricano Cliff Drysdale. Foi o primeiro europeo en gañar dito torneo en case dúas décadas, dende que o fixera o británico Fred Perry en 1936.[10] En decembro xogou polo título da Copa Davis contra o equipo defensor, Australia, caendo por 4-1.
Ao ano seguinte proclamouse campión do torneo de Wimbledon, superando na final en tres sets ao estadounidense Dennis Ralston.[11] Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México, onde o tenis entrou como deporte de exhibición, e logrou o primeiro posto en individuais e o segundo en dobres (xunto a Juan Gisbert).[12]
A súa última gran vitoria foi no Trofeo Conde de Godó de Barcelona en 1970, onde gañou o título tanto en individual como en dobres. En individuais derrotou na final a Rod Laver, mentres que en dobres fixo parella con Lew Hoad e superou na final á dupla formada polo propio Laver e por Andrés Gimeno.[13] A continuación retirouse, con 32 anos de idade.[14]
Trala retirada
[editar | editar a fonte]Trala súa retirada como tenista continuou vencellado ao tenis como adestrador e promotor. Foi capitán da selección española de Copa Davis en dúas ocasións, a primeira delas entre 1980 e 1985 e a segunda entre 1995 e 1999. Dirixiu o Masters de Madrid dende a súa creación ata 2019,[14] e en 1997 fundou en Marbella o club de tenis Manolo Santana Racquets Club.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En setembro de 1965 foi condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo do Concello da Coruña, xunto ao futbolista Luis Suárez.[15] Foi incluído no Salón da Fama do Tenis Internacional en 1984.[16] [17] En 2020 recibiu o Premio Philippe Chatrier da ITF pola súa contribución ao tenis, tanto dentro como fóra das pistas.[18]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa coruñesa María Fernanda González-Dopeso en 1963 e tivo con ela tres fillos: Manuel, Beatriz e Borja. Divorciáronse en 1980. Durante ese período tivo tamén unha filla fóra do matrimonio, Barbara Catherina.[19] En 1983 casou coa xornalista Mila Ximénez, coa que tivo a súa quinta e última filla, Alba. O matrimonio acabou de xeito problemático en 1986. En 1990 casou coa modelo sueca Otti Glanzielus, da que se divorciou en 2008.[19] En 2013, aos 75 anos, casou por cuarta vez, coa colombiana Claudia Inés Rodríguez.[19][20]
Faleceu en Marbella, onde vivía, o 11 de decembro de 2021, aos 83 anos de idade.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abrahams, Gabe (9 de febreiro de 2022). "Manolo Santana, de una familia republicana a Wimbledon" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 ""La Duquesa de Kent tiraba para arriba y yo tiraba para abajo"". As (en castelán). 26 de setembro de 2008. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Barbotta, Héctor (11 de decembro de 2021). "Manolo santana, ex tenista y empresario deportivo: El campeón que buscó la suerte" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Manolo Santana: "Aún me veo buscando una propina en el Club Velázquez"". El Mundo (en castelán). 8 de maio de 2018. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 "De Roland Garros a Wimbledon: Manolo Santana puso a España en el mapa del tenis mundial". RTVE (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Roland-Garros 1961 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2007. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Roland-Garros 1964 (Grand Slam) - Men singles" (PDF). Federación Francesa de Tenis (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de decembro de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "French Open men's doubles champions and runners-up". sport-histoire.fr (en inglés). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ Serras, Manel (20 de xul. de 2000). "Historia de la única victoria". El País (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 10,0 10,1 "Fallece Manolo Santana, pionero del tenis" (en castelán). 11 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ Mora, Froilán (11 de xuño de 2018). "Wimbledon 1966: el día que Santana cambió el tenis español para siempre". Marca (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Manuel Santana obituary". ATP Tour.
- ↑ "Barcelona 1970". atptour.com (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 14,0 14,1 "Biografía de Manolo Santana". tennis-masters-madrid.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2006. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán) (13664). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Manolo Santana: Spanish tennis great dies aged 83" (en inglés). 12 de decembro de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 28 de xuño de 2021.
- ↑ "Santana and Stolle honoured with ITF Philippe Chatrier Award" (en inglés). 31 de marzo de 2020. Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 Molina, Nacho (12 de decembro de 2021). "Así fue la vida amorosa de Manolo Santana más allá de Mila Ximénez". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
- ↑ García, Belén (22 de xullo de 2013). "La cuarta boda de una leyenda" (en castelán). Consultado o 10 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Robertson, Max (1974). The encyclopedia of tennis (en inglés). Nova York: Viking Press. ISBN 9780670294084.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do tenista no Salón da Fama do Tenis Internacional (en inglés).
- Datos do tenista na Asociación de Tenistas Profesionais (en inglés).
- Datos do tenista na Federación Internacional de Tenis (en inglés).
- Datos do tenista na Copa Davis (en inglés).
- Sitio web do Manolo Santana Racquets Club (en castelán).