Manuel Vázquez Ouro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Maceda, España |
Morte | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Palas de Rei | |
1930 – 1936 ← Alfonso Viña Ouro – Manuel Rojo Moreira → | |
Alcalde de Palas de Rei | |
1922 – 1923 ← Andrés Moreiras Blanco | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Manuel Vázquez Ouro, nado en Maceda (Palas de Rei), foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alcalde de Palas de Rei en 1922.[1] Volveu ser nomeado alcalde de Palas de Rei en abril de 1930.[2] Na Segunda República foi elixido concelleiro en 1931 e alcalde. Foi vicepresidente da Sociedad de Agricultores Oficios y Profesiones de Palas de Rei en 1932. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 5 de agosto de 1937. Xulgado en consello de guerra en Lugo o 9 de marzo de 1938, acusado de rebelión, foi absoluto e quedou a disposición do delegado de Orde Pública.[3] Saíu en liberdade o 23 de marzo. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[4]
Predecesor: Andrés Moreiras Blanco |
Alcalde de Palas de Rei 1922 - 1923 |
Sucesor: José González Cabana |
Predecesor: Alfonso Viña Ouro |
Alcalde de Palas de Rei 1930 - 1936 |
Sucesor: Manuel Rojo Moreira |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Boedo e foi pai de Delia, Lydia, Roberto, María Victoria e María Luz Vázquez Boedo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pardo de Neyra, Xulio (2017). Da fidalguía á República. Achegamento histórico aos estratos fidalgo e labrego da Ulloa através das familias Arias-Somoza e Ouro.