Xulio Pardo de Neyra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1968 (56 anos) Lugo, España |
Formación profesional | Filoloxía |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, historiador |
Xénero artístico | Ensaio |
Xulio Pardo de Neyra, nado en Lugo o 18 de setembro de 1968, é un escritor e ensaísta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Filoloxía Galega e Doutor en Historia Contemporánea pola mesma, así como Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e a Literatura pola Universitat de València. Dá clases na Universidade da Coruña, onde imparte lingua e literatura galegas e a súa didáctica.[1]
Nas súas teses de doutoramento abordou a relevancia de Evaristo Correa Calderón no sistema literario galego e a introdución do vangardismo na Literatura galega; a repercusión e actualización literaria da figura do heroe cabaleiresco masculino nas lendas de familia e mais na literatura da Galiza contemporánea, e o mito da muller acuática nas literaturas europeas. Anteriormente foi profesor na Universidade de Compostela, na da Estremadura, na Universidade Católica Portuguesa.
Desde moi novo comezou a escribir nos medios xornalísticos galegos, aos dezanove anos vía a luz o seu primeiro libro, e conta na actualidade cunha trintena de ensaios sobre literatura galega.[2]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Gustavo Freire: o grande esquecido, Círculo das Artes, Lugo, 1988. 2ª edición ampliada co título Gustavo Freire na Galiza da Época Nós, Dos Acordes, 2008.
- Historia do Concello de Baralla. Pazos e fortalezas de Neira de Xusá, Concello de Baralla, 1998.
- Lugo: cultura a república. As manifestacións intelectuais dunha cidade galega entre 1931-1936, Ediciós do Castro, 2001.
- Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, Lugo, 2001.
- Evaristo Correa Calderón na literatura galega contemporánea. Vangardismo e galeguismo, Universidade de Santiago, 2002.
- O labor lírico do ilustrado cura de Fruíme, Laiovento, 2002.
- Lugo: cultura e República, Ediciós do Castro, 2002.
- Vanguardia Gallega ou o proxecto xornalístico lucense da II República Española, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2002.
- Ánxel Fole, pazos e nacionalismo, Tórculo Edicións, 2003.
- Evaristo Correa Calderón, Xunta de Galicia, 2003.
- Presencia de Lugo na utopía republicana, Scio, 2003.
- Tradición e actualidade do heroe cabaleiresco masculino nas lendas familiares galegas. Mito e realidade histórica á vista dos documentos da literatura galega contemporánea, Universidade de Santiago, 2003.
- Reflexións sobe didáctica da literatura. A literatura galega na radio, Concello de Lugo, 2003.
- Eduardo Blanco Amor na escola. A imaxe poliédrica dun literato galego, Concello de Lugo/Ágora Cultural, 2005.
- A introdución do vangardismo na literatura galega, Espiral Maior, 2005.
- Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, Toxosoutos, 2005.
- Os cabaleiros petan nas portas da literatura: a figura do heroe cabaleiresco na literatura galega contemporánea, Ediciós do Castro, 2006.
- Fidalguía e cultura palaciana na Galiza do último milenio: de casa e solar coñecido, Nigra Trea, 2006.
- Literatura galega de vangarda: a iconoclastia rupturista dos primeiros manifestos galegos, TresCtres, 2006.
- As orixes da literatura infantil galega, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
- O pérfido canto das sereas. O culto á matria no sistema literario galego, Tórculo, 2008.
- A época Nós: o estudo da literatura galega desde a periodoloxía literaria, Edicións Embora, 2009.
- Literatura Pardozeliana: Brandanismo e Sebastianismo nunha nación a liberar. O mito e o cronotopo do Marechal na literatura galega, Nigra Trea, 2010.
- A Torre e Pousa de Dumia. Historia social da Terra de Cervantes, 2012, Edicións Embora.
- Literatura de sereas. A maxia da muller acuática, 2015, Toxosoutos.
- Literatura galega e pornografía, 2016, Positivas.
- Á sombra de María Silgar: Carvalho Calero contra a historia única, 2019, Edicións Embora.
Poesía
[editar | editar a fonte]- O abecedario no país das alvarizas (2021). A Coruña: Medulia. 52 páxs. ISBN 978-84-123646-2-0.
- A cor áspera do veludo (2021). Toxosoutos. 60 páxs. ISBN 978-84-123409-8-3.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O nome do arrecendo, 2013, Corsárias.
- Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014, Positivas.
- A monxa e o grumete (2023). Vigo: Galaxia. 222 páxs. ISBN 978-84-9151-974-4.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Poesía completa, de Evaristo Correa Calderón, Follas Novas, 2003.
- Tres contos marabillosos de Vicente Risco, Galaxia, 2004.
- Margarida a da sorrisa d'aurora, de Evaristo Correa Calderón: o primeiro conto infantil galego de autor, Dos Acordes, 2013. Edición e estudo
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Pascual Veiga, Xunta de Galicia, 1996. Con Xosé de Cora.
- As nove ondas. I Simposio Internacional de Estudios Célticos, Universidade da Coruña, 2003.
- Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Apuntes para la historiografía de Galicia. Las regidurías brigantinas de los Masseda de Aguiar, Deputación de Lugo, 1994.
- La arrebatadora entrada de Salomé en el templo. Mujer y erotismo en la vanguardia española, Llibros del Pexe, 2004.
- Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Rox Ediciones, Mérida, 2005.
- Amor y deseo en el calabozo, 2014, Bellaterra.