Martin de Pedrozelos
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Martin de Pedrozelos ou Padrozelos foi un xograr galego, compositor de cantigas en lírica galego-portuguesa.[1] É unha figura recoñecida na comarca de Sarria e conta cun documental chamado Trobador no Camiño: andares pola lírica de Martín de Padrozelos para dar a coñecer a súa figura.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Polo sobrenome crese que naceu en Padrucelo, na parroquia de San Xoán de Lózara pertencente ao municipio de Samos. En Padrucelo consérvase unha casa centenaria co seu nome.[3] Existe discrepancia sobre o seu período, pola colocación no cancionero estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sitúano na segunda metade ou finais do século XIII, con todo o investigadores Xulio Pardo de Neyra e Doce Fernández Graña sosteñen que naceu a mediados do século XI e faleceu a princios do século XII, situando as súas composicións como as primeiras coñecidas en galego.[3][4]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse dez cantigas: nove cantigas de amigo e unha cantiga de amor.[5] O grupo musical A Quenlla editou un disco chamado Trobador no Camiño que contén versións das dez cantigas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2019-12-01). "Un foro rescata a Martín de Padrozelos, "a primeira voz lírica galega do medievo"" (en castelán). Consultado o 2021-05-12.
- ↑ 3,0 3,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-05-12.
- ↑ "Sarria honra ao trobador Martín de Padrozelos" (en castelán). 2021-05-03. Consultado o 2021-05-12.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-05-12.
- ↑ Lugo, El Progreso de (2019-12-01). "Un foro rescata a Martín de Padrozelos, "a primeira voz lírica galega do medievo"" (en castelán). Consultado o 2021-05-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, de Xulio Pardo de Neyra, 2005, Toxosoutos.