Saltar ao contido

Johan Servando

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohan Servando
Biografía
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

BUSC: johan-servando
Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti: B 1142.

Johan Servando foi un xograr galego da lírica galego-portuguesa, activo no terceiro cuartel do século XIII. É o autor do que máis cantigas de romaría consérvanse.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nas súas composicións canta á ermida de San Servando, polo que se pensa que podería ser de Muíños (onde hai unha capela con esa advocación no lugar de Pazos, na parroquia de Barxés)[2]. Nas súas composicións satíricas dá a entender que frecuentou a corte de Castela.[3]

É autor de 22 textos: 17 cantigas de amigo[4] (case todas elas cantigas de romería, adicadas á ermida de San Servando), 2 cantigas de amor, 3 cantigas de escarnio,[5] dúas delas contra a avaricia dun infanzón e outra contra a inexperiencia dun cabaleiro novato.

  1. Gutiérrez García, Santiago (2018-11-28). "Martin Codax y las cantigas de santuario gallegoportuguesas" 98 (2): 341. ISSN 1988-8538. doi:10.3989/rfe.2018.012. Consultado o 2021-01-27. 
  2. Oliveira, António Resende de: (1994), Depois do espectáculo trovadoresco. A estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV, Lisboa, Edições Colibri, p. 369 (en portugués).
  3. "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-18. 
  4. Cohen, Rip (2003). 500 Cantigas d’ Amigo: Edição Crítica / Critical Edition. Campo das Letras. Consultado o 2022-02-05. 
  5. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-01-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]