Men Rodriguiz Tenoiro
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Men Rodriguiz Tenoiro (tamén Men Rodriguiz Tenoiro ou Tenoyrio) foi un nobre e trobador do século XIII e comezos do século XIV, activo nas cortes de Afonso X e Sancho IV.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Castela, a súa familia provén de Pontevedra. Carolina Michaëlis propón que a súa liñaxe procede de Afonso IX.[3] Recibiu de Afonso X posesións en Xerez da Fronteira ao redor de 1266, posteriormente tivo presenza e ocupou algúns cargos na cidade de Sevilla, onde seguiu residindo e contribuíndo a súa defensa en tempos de Sancho IV. Trala morte de Sancho IV, tomou parte polo infante Pedro, chegando a ser nomeado adiantado e posteriormente xuíz de apelación. Despois de 1315 non é mencionado en ningún documento.[2]
Seu irmán Ruy Pérez Tenorio asasinou o tamén trobador Pai Gómez Chariño.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse sete obras e outras seis son de dubidosa autoría.[3] Das sete obras: cinco son cantigas de amigo, outra de escarnio e maldicir, ademais dunha tenzón con Juião Bolseiro.[4] As seis atribuídas son cinco cantigas de amor e unha de escarnio.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "B_205". Consultado o 2021-02-24.
- ↑ 2,0 2,1 "Men Rodríguez Tenorio | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-02-24.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-24.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-02-24.