Airas Peres Vuitoron
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII Reino de Galicia |
Morte | século XIII |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Airas Peres Vuitoron foi un trobador probablemente galego do século XIII[1] que estivo activo entre 1245-1275.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nun principio considerouse que era de orixe portuguesa en base ao contido dalgunhas das súas cantigas, con todo, Carolina Michaelis xa se inclinaba á súa procedencia galega, apuntando a que podía ser fillo dun vigairo xeral do bispo de Lugo, do mesmo xeito que António Resende de Oliveira.[2] Pode ser membro dunha familia da baixa nobreza, así Resende de Oliveira apunta a que pode ser fillo Pero Pais "Vultoran" e irmán de Johan Perez "Voytorun", o primeiro documentado nunha doazón ao mosteiro de Vilanova de Dozón.[3] Xabier Ron Fernández sostén que a familia pode proceder da localidade de Buitorón que pertence a Muxía.[2]
Foi un fiel partidario de Sancho II de Portugal na loita contra o seu irmán Afonso III de Portugal. Tras o triunfo de Afonso III tivo que exiliarse en Castela. Relaciónaselle cos trobadores Pero dá Ponche, Bernal de Bonaval e Pero García Burgalés, entre outros.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Consérvanse doce cantigas, ademais doutra de dubidosa autoría. Todas elas son cantigas de escarnio e maldicir,[5] das cales cinco son sátiras políticas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22.
- ↑ 2,0 2,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-22.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-22.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Airas Perez Vuitoron". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.