Saltar ao contido

Manuel del Río Mandayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel del Río Mandayo
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Os Ánxeles, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata
cemiterio de Boisaca, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónebanista, gaiteiro, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 21494

Manuel del Río Mandayo, nado nos Ánxeles (Oroso) e asasinado en Santiago de Compostela o 5 de outubro de 1936, foi un político e sindicalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De profesión ebanista, tamén foi gaiteiro. Foi xulgado en consello de guerra en 1929 por insulto á forza armada[1]. Na II República foi membro das Xuventudes Socialistas e despois pasou a militar no PSOE do que foi secretario xeral de Ordes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por un falanxista e conducido ao cárcere de Ordes onde foi torturado polo garda civil José Pérez Pérez. Foi paseado no cemiterio de Boisaca na madrugada do 5 de outubro de 1936. A pesar diso, foi posto en busca e captura polas autoridades franquista a finais de outubro de 1936.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Pilar Naveira Golán e tivo catro fillos.

  1. El Orzán, 1-11-1929, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]