María Cecilia Martín
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Cecilia Martín Iglesias 18 de novembro de 1920 Salamanca, España |
Morte | 28 de xaneiro de 2020 (99 anos) Salamanca, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintora |
Familia | |
Irmáns | Cristina Luján |
María Cecilia Martín Iglesias, nada en Salamanca o 18 de novembro de 1920 e finada na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2020, foi unha pintora española.[1][2][3] Foi a primeira muller en optar ao Premio Castela e León (2012) na súa modalidade de Artes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Salamanca, cidade na que pasou a maior parte da súa vida traballando como artista pictórica. Ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, foi mestra de varias xeracións de artistas, e demostrou a súa calidade artística até practicamente o final da súa vida.[4]
Nos inicios do século XX as dificultades dunha artista á hora de expor as súas obras e ser recoñecida implicaba facer fronte ás críticas e dificultades dunha época que non aceptaba aínda as mulleres artistas. Martín Iglesias foi unha das mulleres que logrou consolidarse entre as artistas salmantinas a pesar de ditas dificultades, logrando cambiar a situación da arte local.[5]
Formada profesionalmente a través da participación en diferentes certames colectivos nos que realizou os seus primeiros achegamentos ao tenteo para logo progresar con creacións propias da paisaxe rural e algúns retratos. Co tempo situouse entre as pintoras salmantinas máis recoñecidas. Un dos seus primeiros logros foi o segundo premio de pintura obtido na IX Exposición Provincial de Arte do Produtor de Educación y Descanso, obtido en 1949. En 1950 accedeu á Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Tras licenciarse iniciou unha traxectoria ascendente na que as súas obras foron expostas en diferentes galerías de arte salmantinas: Rembrandt, Miranda, Winker, Timgad e Artis.[5]
Faleceu en Salamanca aos 99 anos o 28 de xaneiro de 2020.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]Martín Iglesias non só foi a pintora das paisaxes castelás, senón que tamén prestou atención ao ser humano, xa fose o campesiñado de zonas rurais, como aos habitantes da capital salmantina.[6][7]
Realizou unha trintena de exposicións individuais en España e no estranxeiro, máis dun centenar de exposicións colectivas dentro e fóra de España. Tamén ilustrou quince libros, ademais das portadas de libros e discos e realización de carteis.[8][9]
Exposicións
[editar | editar a fonte]- Novembro de 1963, Escuela de San Eloy (Salamanca)
- Maio de 1970, sala de exposicións do Palacio de Garcigrande, (Salamanca)
- 1977, sala de exposicións Artis, (Salamanca)
- 1978, sala de exposicións Winker, (Salamanca)
- 1982, sala Kreisler, (Barcelona)
- 1988, salas de exposicións do Palacio de Garcigrande, e Escola San Eloy, (Salamanca)
- 2000, Palacio da Salina, (Salamanca)
Premios e homenaxes
[editar | editar a fonte]- Recibiu unha decena de premios.[8]
- Candidata ao Premio Castilla y León (2012) na súa modalidade de Artes. Converteuse na primeira muller que optaba a conseguir este premio.[2]
- Homenaxeada, xunto coa concelleira Pilar Fernández Labrador e a empresaria e cociñeira Paulina Andrés Lorenzo, polo Concello de Salamanca e o Consello Sectorial da Muller, en conmemoración do Día Internacional da Muller (6 de marzo de 2014).[10]
- A Deputación de Salamanca publicou en 2019 a segunda edición ampliada e revisada do libro La pintura de María Cecilia Martín, de Pilar Hernández García. O libro foi editado polo servizo de publicacións da área de Cultura da Deputación salmantina.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (5 de decembro de 2013). "Venancio Blanco, María Cecilia Martín, Andrés Abraido y Agustín Casillas unen su arte en una exposición en La Salina". Salamanca 24 horas.com (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (9 de xaneiro de 2013). "Cecilia Martín, propuesta para el Premio Castilla y León de las Artes". La Gaceta de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (28 de xaneiro de 2020). "Fallece la pintora salmantina María Cecilia Martín a los 99 años". La Gaceta de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Redacción (8 de marzo de 2019). "La Diputación reedita “La pintura de María Cecilia Martín” de Pilar Hernández". Ciudad Rodrigo.net (Ciudad Rodrigo). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 Muñoz Pérez, Laura (2014). "Mujer y artista en una capital de provincias española durante el siglo XX: el caso de Salamanca". Arenal: Revista de historia de mujeres (Salamanca) 21 (2): 355–356. ISSN 1134-6396.
- ↑ Fernández Álvarez, Manuel (2019). "Prólogo". En Pilar Hernández García. La pintura de María Cecilia Martín (2ª ed. ampliada y revisada ed.). Salamanca: Servicio de Publicaciones de la Diputación de Salamanca.
- ↑ Redacción (8 de marzo de 2019). "La Salina reedita el libro 'La pintura de María Cecilia Martín', de Pilar Hernández". Salamanca 24 horas.com (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 Rivas, Félix (9 de xaneiro de 2013). "La salmantina Cecilia Martín aspira al Premio Castilla y León de las Artes". Tribuna de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Martín, María Cecilia (1920-)" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ H., C. (27 de febreiro de 2014). "Homenaje a tres pioneras salmantinas en el Día de la Mujer". El Norte de Castilla (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.