María Cruz Mato Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1934 ![]() Silleda, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | investigadora ![]() |
![]() |
María Cruz Mato Iglesias, nada en Silleda en 1934,[1] é unha científica galega especialista en botánica. Vencellada ao CSIC desde 1965, foi directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) e delegada institucional do CSIC en Galicia.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1957 con premio extraordinario de licenciatura. Doutorouse en 1964 coa tese Estudio de la vegetación del partido judicial de Caldas de Reyes.[4] Posteriormente, completou a súa formación nas Facultades de Ciencias das Universidades de Lausanne e de Montpellier.[2]
Foi profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, e dende 1965 desenvolveu a súa carreira científica no IIAG do que foi directora (1984-1992). Foi a primeira e única muller delegada institucional do Consello Superior de Investigacións Científicas en Galicia (1992-2002).[2][3]
Ten unha ampla obra publicada no campo da botánica e da bioquímica vexetal.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Marco 2007.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Delegados Institucionales - csic.es". www.delegacion.galicia.csic.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-09.
- ↑ 3,0 3,1 Cadaval Torres, María Isabel. "Mulleres científicas". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-09.
- ↑ Brasa Arias, Beatriz (2012-02-02). La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971). ISBN 978-84-9887-826-4. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 09 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Mato Iglesias, María Cruz". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 296.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 269-270. ISBN 978-84-8341-146-9.