Universidade de Montpellier
Universidade de Montpellier | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | universidade en Francia ![]() | |||
Forma xurídica | estabelecemento público nacional de carácter científico, cultural e profesional ![]() | |||
Sede | Montpellier ![]() | |||
Matriz | Languedoc Roussillon Universities (en) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Datas | ||||
Fundación | 1289 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Presidente/a | Philippe Augé ![]() | |||
Número estudiantes | 49.000, 39.388, 46.578, 39.082, 39.878, 41.343, 42.453 e 46.245 ![]() | |||
Membro de | ||||
Membro de
| ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | umontpellier.fr ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Universidad de Montpellier é unha das máis antigas de Francia. Forma parte do Grupo Coimbra, e conta con 1900 profesores, 41 000 estudantes, e 1700 estudantes de doutoramento.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]
A Universidade de Montpellier foi fundada en 1220 polo cardeal Conrado de Urach, e confirmada polo papa Nicolao IV nunha bula en 1289, na que reunía todas as escolas centenarias da cidade nunha universidade.[2]
A cidade de Montpellier foi un dos principais centros do saber da Idade Media en Francia.
A Universidade foi suprimida durante a Revolución francesa en 1793 e restablecida en 1896.
En 1968 a cidade tiña diversas escolas politécnicas superiores, públicas e privadas, e a Universidade dividiuse en tres:
- A Universidade de Montpellier I, cuxa sede está en Montpellier, con dous campus en Nîmes e Albaret-Sainte-Marie, cuns 21 000 estudantes.
- A Universidade de Montpellier II, con campus en Montpellier, Nîmes e Béziers, cuns 15 000 estudantes.
- A Universidade de Montpellier III, tamén chamada Universidade Paul-Valéry, con campus en Montpellier e Bèziers, cuns 16 000 estudantes.
Porén, desde 2009 estudábase un proxecto para unificar todos os campus nunha grande Universidade. E en 2015 recreouse a Universidade de Montpellier,[3] fusionando as Universidades de Montpellier I e II, quedando fóra a Universidade Paul-Valéry.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Université de Montpellier en umontpellier.fr. Consultado o 13 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Université de Montpellier. Histoire de l’Université Arquivado 13 de outubro de 2022 en Wayback Machine.,
- ↑ Décret nº 2014-1038 du 11 septembre 2014 portant création de l’université de Montpellier.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Montpellier ![]() |