Saltar ao contido

María Maroño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Maroño
Biografía
Nacemento26 de decembro do 2008
Touro, A Coruña
Cargos
Membro da Dirección de Zona de Erguer Compostela (2024 -)
Datos persoais
Ideoloxía políticaNacionalismo galego, socialismo, feminismo, ecoloxismo, independentismo galego
Actividade
OcupaciónEstudante
Partido políticoBNG
Membro de
Galiza Nova, Erguer - Estudantes da Galiza
Premios
XX Certame Literario de Ames, LII Premios Literarios Minerva

María Rodríguez Maroño, nada en Touro o 26 de decembro do 2008, é unha estudante, escritora e militante nacionalista galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No curso 2024-25 estuda 1º de Bacharelato en Santiago de Compostela. En outubro do 2023, comezou a militar en Erguer - Estudantes da Galiza, e en novembro de 2024, fíxose cargo da dirección da zona de Compostela da devandita organización estudantil. En decembro de 2024 entrou en Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG.

Como creadora, participou no II Recital de Poesía da Biblioteca José Saramago e mantén a web e canle de Instagram "Néboa", para difundir a literatura e a cultura galegas. En 2024, editou o documental Luísa Villalta: Isto é tamén unha muller que resiste, onde participaron persoeiros como Andrea Porto, Xiana Lastra, Beatriz Maceda, Xosé Manuel Beiras, Marga do Val ou Ana Pillado.[1]

Distincións

[editar | editar a fonte]
  • 1º premio de narrativa do XX Certame Literario de Ames
  • 1º accésit de poesía dos LII Premios Literarios Minerva
  1. "Riqueza cultural que non entende de idades". Diario Cultural Zeta (CRTVG).