María Pérez Araújo
(2020) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1997 (27 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade Católica San Antonio de Murcia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nai | Ángeles Araújo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
María Pérez Araújo, nada en Vigo o 1 de agosto de 1997, é unha xogadora profesional galega de baloncesto, máis coñecida como María Araújo. Actualmente xoga para o Uni Girona da Liga Endesa nas posicións de ala ou ala-pivote. Foi campioa do Eurobasket 2017 sub-20 coa selección española, sendo nomeada mellor xogadora do Torneo.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Vigo, María Araújo é filla da histórica xogadora do Real Club Celta Baloncesto Ángeles Araújo.[2] A súa formación na canteira do Celta comezou no segundo ano de infantil, promocionando polas categorías inferiores do club vigués até o seu debut co equipo sénior na temporada 2012−13, cando debutou na LF2 con tan só 15 anos, 2 meses e 20 días, naquel entón récord de precocidade á hora de vestir a camisola celeste.[3] No equipo da cidade olívica permaneceu durante tres campañas (2012−2015), destacando xa na súa segunda campaña cunha media de 13 puntos por encontro.[4]
Na temporada 2015−16 asinou polo Uni Ferrol, debutando na máxima categoría. Para mellorar o seu rendemento mudou de posición, pasando de ser escolta a xogar de ala ou ala-pivote. Na súa segunda campaña en Ferrol converteuse na xogadora revelación da liga, finalizando a liga regular cunha media de 12,1 puntos, 8,9 rebotes e 13 de valoración en 35 minutos por partido. A súa achega foi vital para a clasificación do club á Copa da Raíña e a finalización no terceiro posto da liga, caendo nas semifinais ante Perfumerías Avenida. No Europeo sub-20 de 2017 celebrado en Matosinhos, no que España resultou campioa, María foi elixida como mellor xogadora do torneo (MVP) é membro do quinteto ideal.
Clubs
[editar | editar a fonte]- Real Club Celta Baloncesto (LF2, 2012−2015)
- Club Universitario de Ferrol (LF, 2015−2018)
- Wisła Can-Pack Kraków (BLK, 2018−2019)
- Uni Girona CB (LF, 2019−presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Ouro no Campionato Europeo sub-18 (2015)
- Ouro no Campionato Europeo sub-20 (2017)
- Prata no Campionato Mundial sub-17 (2014)
- MVP do Campionato Europeo sub-20 (2017)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2016 recibiu o Premio á "Mellor deportista promesa" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da IV Gala do Deporte Feminino Galego.[5]
- En 2018 recibiu o Premio á "Mellor deportista" da Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) no marco da VI Gala do Deporte Feminino Galego.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Suárez, Ainara (19-07-2017). "María Araújo la gran promesa de baloncesto español" [María Araújo a grande promesa do baloncesto español] (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-07-2017. Consultado o 05-09-2017.
- ↑ "De mayor quiero ser como mamá" [De maior quero ser como a mamá]. Faro de Vigo (en castelán). 17-11-2013.
- ↑ "Raquel Carrera, la debutante más joven" (en castelán). 6 de outubro de 2016. Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ "María Araújo, una progresión a pasos agigantados" [María Araújo, unha progresión a pasos axigantados] (en castelán). 20-10-2016.
- ↑ "Begoña Fernández y Vanesa Sotelo serán galardonadas en la IV Gala do Deporte Feminino". El Progreso de Lugo (en castelán). 2016-04-04. Consultado o 2021-02-20.
- ↑ "La baloncestista María Araújo y la exgimnasta Marta Bobo, grandes triunfadoras en la VI Gala del Deporte Femenino". Faro de Vigo (en castelán). 2018-06-22. Consultado o 2021-02-20.