María Ponce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xullo de 1924 Provincia de Tucumán, Arxentina |
Morte | 18 de decembro de 1977 (53 anos) Mar Arxentino, Arxentina |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Igrexa da Santa Cruz (2005–) |
Membro fundador Nais de Praza de Maio | |
Actividade | |
Ocupación | activista social, Activista polos dereitos humanos |
Membro de | Nais de Praza de Maio (1977–1977) |
María Eugenia Ponce de Bianco, nada en Tucumán o 6 de xullo de 1924 e finada no mar Arxentino (cerca de Santa Teresita) o 17 ou 18 de decembro de 1977, foi unha activista social arxentina, membro da organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP) e unha das fundadoras da asociación das Nais de Praza de Maio, dedicada a buscar aos "desaparecidos" durante a guerra sucia na Arxentina, motivo polo cal foi secuestrada, torturada e asasinada.
A súa vida
[editar | editar a fonte]María Ponce naceu en Tucumán. Desde moza manifestou preocupacións sociais que a levaron a afiliarse ao Partido Comunista.
O 24 de marzo de 1976 produciuse un golpe de estado na Arxentina que instalou un réxime fundado no terrorismo de estado. Nesas circunstancias María deixou de pertencer ao Partido Comunista debido ao apoio que esta organización brindou á ditadura militar e a súa negativa a denunciar as violacións de dereitos humanos. Simultaneamente ingresou á organización guerrilleira Ejército Revolucionario del Pueblo (ERP) e comezou a colaborar cos familiares de desaparecidos e a participar das roldas na Praza de Maio que orixinaron a asociación Nais de Praza de Maio [1].
Desaparición, secuestro, tortura e asasinato
[editar | editar a fonte]Entre o xoves 8 de decembro e o sábado 10 de decembro de 1977 un grupo de militares baixo o mando de Alfredo Astiz secuestrou a un grupo de 12 persoas vinculadas á Nais de Praza de Maio [2]. Entre elas atopábase María Ponce, xunto coas outras fundadoras de Nais de Praza de Maio Azucena Villaflor e Esther Ballestrino, e as monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet.
María foi secuestrada o 8 de decembro coa maior parte do grupo na Igrexa Santa Cruz situada no barrio de San Cristóbal da cidade de Buenos Aires, onde adoitaban reunirse.
Foi levada directamente ao centro clandestino de detención situado na Escuela de Mecánica de la Armada (ESMA), baixo o control da Mariña Arxentina, onde foi recluída no sector denominado "Capucha". Alí permaneceu aproximadamente 10 días, lapso durante o cal foi constantemente torturada. No Informe Nunca Más as testemuñas Maggio e Cubas, sobreviventes da ESMA, relataron o que sabían sobre a súa sorte:
...Lo mismo sucedió con las religiosas francesas Alice Domon y Leonie Renée Duquet. Tuve oportunidad personal de hablar con la hermana Alice, ya que fue llevada junto con la hermana Renée al tercer piso del Casino de Oficiales de la ESMA, lugar donde me encontraba cautivo. Esto ocurre alrededor del 11 ó 12 de diciembre. Es cuando me cuenta que había sido secuestrada en una iglesia, conjuntamente con familiares de desaparecidos. Luego supe que eran 13 personas... Luego fueron «trasladadas» junto con las once personas restantes. Los rumores internos fundamentados por el apresuramiento con que se sacó de allí a estas personas, indicaban el asesinato de las mismas. (Testemuño de Horacio Domingo Maggio, Cartapacio N° 4450).
Probabelmente o día 17 ou 18 de decembro de 1977, María e o resto do grupo, foron "trasladadas" ao aeroporto militar que se atopa no extremo sur do Aeroparque da cidade de Buenos Aires, subidos sedados a un avión da Mariña e guindadas vivas ao mar fronte á costa de Santa Teresita, morrendo ao chocar contra a auga.
Identificación do seu corpo e enterro
[editar | editar a fonte]O 20 de decembro de 1977 comezaron a aparecer cadáveres provenientes do mar nas praias da provincia de Buenos Aires á altura dos balnearios de Santa Teresita e Mar do Tuyú. Os médicos policiais que examinaron os corpos nesa oportunidade rexistraron que a causa da morte fora "el choque contra objetos duros desde gran altura", como indicaban o tipo de fracturas óseas constatadas, sucedidas antes da morte[3]. Sen realizar máis investigacións as autoridades locais dispuxeron de inmediato que os corpos fosen enterrados como NN no cemiterio da próxima cidade de General Lavalle.
En 1984 no marco da investigación da CONADEP e do Xuízo ás Xuntas realizáronse escavacións no cemiterio de General Lavalle, atopándose unha gran cantidade de restos oseos provenientes dos cadáveres achados nas praias de San Bernardo e Lucila do Mar. Estes restos foron utilizados no xuízo ás Xuntas e gardados logo en 16 bolsas.
A partir de entón o xuíz Horacio Cattani empezou a acumular causas sobre desaparecidos. A pesar das leis de Punto Final e Obediencia Debida, que paralizaron as investigacións, Cattani logrou armar en 1995 un arquivo de 40 metros cadrados onde aloxar todas esas probas.
En 2003 o intendente de General Lavalle informou que se localizaron novas tumbas de NN no cemiterio da cidade. O xuíz Cattani ordenou entón realizar novas escavacións co Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF), descubríndose dúas liñas de tumbas, unha por encima da outra. Descubríronse así 8 esqueletos, 5 correspondentes a mulleres, 2 correspondentes a homes e un, clasificado como GL-17, que se definiu como "probablemente masculino".
Cattani mandou os ósos ao laboratorio de Inmunoxenética e Diagnóstico Molecular (LIDMO) de Córdoba, pertencente ao EAAF. Os resultados do laboratorio foron determinando que os restos pertencían ao grupo de secuestrados entre os días 8 e 10 de decembro de 1977. O 8 de xullo de 2005 o xuíz Cattani recibiu o informe establecendo que un dos restos individualizados pertencían a María Ponce [4].
O día 24 de xullo de 2005, 28 anos logo de ser asasinada, María Ponce de Bianco foi enterrada no xardín da Igrexa Santa Cruz, en Buenos Aires, xunto a Esther Ballestrino, unha das tres nais secuestradas con ela. Con posterioridade tamén foron sepultadas alí a Irmá Léonie Duquet e a activista Angela Auad [5]. As cinzas de Azucena Villaflor foron esparexidas na Praza de Maio.
Coñecemento e encubrimento por parte do Goberno dos Estados Unidos
[editar | editar a fonte]Documentos segredos do goberno dos Estados Unidos desclasificados en 2002 proban que o goberno norteamericano sabía desde 1978 que os corpos sen vida das monxas francesas Alice Domon e Léonie Duquet e as nais de Praza de Maio Azucena Villaflor, Esther Ballestrino e María Ponce, foran atopadas nas praias bonaerenses. Esta información foi mantida en segredo e nunca foi comunicada ao goberno arxentino.
O dato está incluído en Documento Nº 1978-BOS-02346 dirixido polo entón Embaixador dos Estados Unidos na Arxentina, Raúl Castro, ao Secretario de Estado dos Estados Unidos, leva data do 30 de marzo de 1978 e menciona como obxecto "Informe sobre monjas muertas". Textualmente o documento di:
1. A.F.P. Marzo 28 Historia recopilada en Paris informa que los cuerpos de dos monjas francesas (Alicia Doman y Renee Duguet) que fueron secuestradas a mediados de diciembre con otros once activistas de derechos humanos fueron identificados entre los cuerpos cerca de Bahía Blanca. 2. Buenos Aires estaba llena de ciertos rumores desde hace un mes sobre constancias del descubrimiento de un número de cadáveres llevados a la playa por vientos inusualmente fuertes a lo largo del mar atlántico en puntos cercanos a la boca del Río de la Plata unas 300-350 millas al norte de Bahía Blanca (Ver Buenos Aires 1919 para control) 3. (Sección en borrada) que estuvo tratando de rastrear estos rumores tiene información confidencial de que las monjas fueron secuestradas por agentes de seguridad argentinos y en algún momento fueron transferidas a la localidad de Junín que se encuentra cerca de 150 millas al oeste de Buenos Aires. 4. La Embajada también tiene información confidencial obtenida a través de una fuente (protegida) del gobierno argentino de que siete cuerpos fueron descubiertos hace algunas semanas en la playa atlántica cerca de Mar del Plata. De acuerdo a esta fuente, los cuerpos eran los de las dos monjas y cinco madres que desaparecieron entre el 8 y el 10 de diciembre de 1977. Nuestra fuente confirma que estos individuos fueron secuestrados por miembros de las fuerzas de seguridad actuando bajo su amplio mandato contra terroristas y subversivos. La fuente además declaró que pocos individuos en el GOA estaban al tanto de esta información. 5. Esta fuente a informado verazmente en el pasado y tenemos razones para creer que tiene conocimiento sobre questiones de desapariciones. La Embajada solicita que su informe sea protegido para evitar comprometer una fuente que ha probado ser útil en proveer información concerniente a individuos perdidos o desaparecidos. CASTRO [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Con dignidad y mirada limpia: María Ponce de Bianco, madre de Plaza de Mayo, Agencia Walsh, Fontes: UTPBA e Páxina 12". Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2007. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ O grupo completo secuestrado estaba integrado por Azucena Villaflor de Vicenti, Esther Ballestrino de Careaga, María Ponce de Bianco (as tres fundadoras de Nais de Praza de Maio), as monxas Alice Domon e Léonie Duquet, e os activistas de dereitos humanos Angela Auad, Remo Berardo, Horacio Elbert, José Julio Fondevilla, Eduardo Gabriel Horane, Raquel Bulit e Patricia Oviedo.
- ↑ "Por primera vez hallan cuerpos de los vuelos de la muerte, Río Negro, 9 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2007. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ "Hallaron los restos de la fundadora de las Madres de Plaza de Mayo, Clarín, 8 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2008. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ "En emotiva ceremonia, sepultan a dos fundadoras de Madres de Plaza de Mayo, La Jornada, UNAM, 25 de xullo de 2005". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2006. Consultado o 28 de novembro de 2007.
- ↑ Documento Segredo da Embaixada de EEUU na Arxentina, Nº 1978-BUENOS-02346, 30 de marzo de 1978, Informe sobre monjas muertas, orixinal en inglés
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Voy a seguir hasta que aparezcan todos: Esther Ballestrino de Careaga, madre de Plaza de Mayo, Villa Crespo, mi barrio
- Clarín, 4 de decembro de 2005. Otra víctima de los vuelos de la muerte
- The National Security Archive. US Declassified Documents: Argentine Junta Security Forces Killed, Disappeared Activists, Mothers and Nuns.