María Rosario García Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de outubro de 1902 ![]() Sarria, España ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1998 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
María Rosario García Vázquez, nada en Sarria o 4 de outubro de 1902 e finada na Coruña o 28 de novembro de 1998, foi unha benefactora do concello de Sarria.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Era filla de Francisco García Alvaredo, natural de Viloalle (Mondoñedo), e de Pilar Vázquez López, de Vilar de Sarria. Funcionaria de Facenda na Coruña, xunto coa súa irmá Mercedes, adicou moitos recursos a atencións de obras sociais, asistenciais e de tipo relixioso. Fixo substanciosas apartacións económicas para a construción da Residencia de Anciáns "Nosa Señora do Carme" do Mazadoiro, e para a construción da nova igrexa parroquial de Sarria, dedicada á Nosa Señora do Rosario.
O Concello de Sarria adicoulles ás Irmás García Vázquez a rúa onde está situada a residencia. En 1994 acordou nomear a María Rosario García Vázquez filla predilecta de Sarria.