Saltar ao contido

Nosa Señora do Rosario

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nosa Señora do Rosario
Representación da Virxe do Rosario, obra de Simone Cantarini.
Advocación da Virxe María
Historia
Orixe da devoción1208 en Francia, por San Domingos de Guzmán
Principais difusoresSan Domingos de Guzmán, Alano da Rocha, Pío V, Gregorio XIII, Clemente XI, León XIII, San Xoán Paulo II
Veneración
Venerada enIgrexa Católica
Festividade7 de outubro
Calendario litúrxico7 de outubro, Memoria
AtributosRosario

Nosa Señora do Rosario, referida comunmente como Virxe do Rosario, é unha advocación da Virxe María venerada na Igrexa católica, que celebra o 7 de outubro a súa festa.

Conta a lenda que a Virxe se apareceu en 1208 a San Domingos de Guzmán nunha capela do mosteiro de Prouilhe (Francia) cun rosario nas mans, que lle aprendeu a rezalo e lle dixo que o predicase entre os homes; ademais, ofreceulle diferentes promesas referentes ao rosario. O santo ensinóullelo aos soldados liderados polo seu amigo Simón IV de Montfort antes da Batalla de Muret, cuxa vitoria sería atribuída á Virxe. Por iso, Montfort erixiu a primeira capela dedicada a esta advocación.[1]

No século XV a súa devoción decaera, polo que novamente a virxe se lle apareceu ao beato Alano da Rocha; pediulle entón que a revivise, que recollese nun libro todos os milagres levados a cabo polo rosario e recordoulle as promesas que séculos atrás fixera a san Domingos.[2]

No século XVI, San Pío V instaurou a súa data o 7 de outubro, aniversario da vitoria na Batalla de Lepanto (atribuída á virxe), denominándoa A nosa Señora das Vitorias; ademais, agregou á ladaíña da Virxe o título de Auxilio dos Cristiáns. O seu sucesor, Gregorio XIII, cambiou o nome da súa festividade ao da nosa Señora do Rosario.[2] Por mor da vitoria na batalla de Temesvár en 1716, atribuída por Clemente XI á virxe, o papa ordenou que a súa festa se celebrase pola Igrexa universal. León XIII, cuxa devoción por esta advocación fixo que fose alcumado o Papa do Rosario, escribiu unhas encíclicas referentes ao rosario, consagrou o mes de outubro ao rosario e incluíu o título de Raíña do Santísimo Rosario na ladaíña da Virxe.[2]

tanto a Virxe de Lourdes na súa aparición de 1858 como a de Fátima en 1917 pediron aos seus aparecidos que rezasen o rosario. Gran parte dos papas do século XX foron moi devotos desta advocación, e Xoán Paulo II manifestou en 1978 que o rosario era a súa oración preferida.[3]

É a patroa das batallas, así como de moitas localidades repartidas por todo o mundo, como A Coruña e Cádiz, e da Real Academia Galega de Belas Artes.

  1. "Aparicións da Virxe María: Virxe do Rosario". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "A nosa Señora do Rosario". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. 
  3. Jesús Martí Ballester (2005). "Cántico a la Virgen del Rosario". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2008. Consultado o 30 de xaneiro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]