Saltar ao contido

Mara Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMara Wilson

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mara Elizabeth Wilson Editar o valor en Wikidata
24 de xullo de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Burbank, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBurbank
Queens Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola de Artes Tisch da Universidade de Nova York (–2009)
Idyllwild Arts Academy (en) Traducir (–2005)
Sherman E. Burroughs High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema, escritora, actriz de televisión, actriz de dobraxe, blogueira, creadora de podcast, directora de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorPublicolor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsDaniel Ben Wilson Editar o valor en Wikidata
ParentesBen Shapiro, curmán
Abigail Shapiro, curmá entregue Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmara.substack.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0933798 Allocine: 24725 Allmovie: p198323 0 Metacritic: person/mara-wilson
Twitter: MaraWilson Instagram: marawilson BNE: XX1175250 Musicbrainz: c39f12e5-ebf6-498e-b647-76b8f8c81817 Songkick: 6739604 WikiTree: Wilson-49716 Editar o valor en Wikidata

Mara Elizabeth Wilson, nada en Burbank (California), o 24 de xullo de 1987, é unha actriz estadounidense. É coñecida polos seus papeis nos filmes Mrs. Doubtfire (1993), Miracle on 34th Street (1994) e Matilda (1996).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Mara Wilson naceu en Burbank, no condado dos Ánxeles, o 24 de xullo de 1987. É a filla maior de Mike Wilson, un enxeñeiro de radiodifusión televisiva e Suzie Shapiro, unha ama de casa. Ten tres irmáns maiores, Danny, Jonathan e Joel e unha irmá menor, Anna. A nai de Mara foi diagnosticada con cancro de mama o 10 de marzo de 1995. Para ese intre os médicos diagnosticaran o cancro demasiado tarde. Suzie Wilson morreu o 26 de abril de 1996, namentres Mara estaba a filmar Matilda. A película foi adicada á memoria de Suzie e permitíuselle ver unha versión non editada da película iñantes de morrer. Mike, o pai de Mara, volveu casar.

A súa nai era xudía e o seu pai é de ascendencia irlandesa. Wilson foi criada na fe xudía, pero agora é atea. En 2005, graduouse da Idyllwild Arts Academy. Estudou na Universidade de Nova York.

Despois de ver ao seu irmán maior Danny actuando en comerciais, Wilson comezou a interesarse no cinema, comezando a actuar á idade de cinco anos. O seu debut no cinema foi en 1993 en Mrs. Doubtfire, seguido pola adaptación de 1994 Miracle on 34th Street. En 1994, Wilson tivo un papel recorrente como Petrova en Melrose Place e como Barbara Barton na película para televisión A Time to Heal.

Wilson cantou "Make 'Em Laugh" na 67.ª Cerimonia dos Premios Óscar, o 27 de marzo de 1995, con Tim Curry e Kathy Najimy.

En 1995, gañou o premio "ShoWest Award" como "Estrela Xove do Ano". As súas actuacións chamaron a atención de Danny DeVito, quen a elixiu como o personaxe principal da película Matilda.

Wilson gañou un "Young Artist Award" polo seu papel na Simple Wish na categoría de "Mellor actuación dunha actriz nova nunha película" e un "Young Star Award" por Matilda na categoría de "Mellor Actuación dunha actriz nova nunha película de comedia". Foi dúas veces nomeada nos Saturn Award por "Mellor actuación dun actor novo" por Matilda e A Simple Wish. En 1999, interpretou a Willow Johnson na película de televisión de Disney Channel Ballom Farm. Audicionou para un papel na adaptación The Parent Trap, pero considerouse que era demasiado nova para o papel, obténdoo Lindsay Lohan. A súa aparición na película de 2000 Thomas and the Magic Railroad foi o seu último papel cinematográfico importante até a data. Unha vez que se completou Thomas and the Magic Railroad, Wilson decidiu concentrarse na escola en lugar de actuar en películas. Nese momento da súa carreira os guións éranlle enviados para que ela non tivese que ir ás audicións.

En 2012, Wilson apareceu brevemente nun episodio de serie web Missed Connection, no papel de Bitty e fixo aparicións especiais en That Guy With The Glasses.

Wilson explicou por que renunciou a ser actriz, dicindo: "Actuar en películas non é moi divertido. Facendo a mesma cousa unha e outra vez ata que, aos ollos do director, estea 'ben feito'. Non permite moito a liberdade creativa. Os mellores momentos que tiven nas rodaxes foron os tempos en que os directores me permitiron expresarme, pero eran raros".

En maio de 2013, Wilson escribiu un artigo para a revista en liña Cracked.com, ofrecendo a súa opinión da inestabilidade dalgúns ex-nenos estrelas.[1] Agora traballa para Publicolor e ten a esperanza de entrar no mercado das novelas para mozos adultos; ademais, escribiu a súa primeira obra Off Broadway, chamada Sheeple.

Wilson tamén tivo un papel recorrente no podcast Welcome to Night Vale, como "A muller vella sen rostro que vive en segredo na túa casa".

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Aos 12 anos, a Wilson se lle diagnosticou TOC.[2] Tamén se lle diagnosticou TDAH.[3] En 2015, colaborou con Project UROK, unha organización sen fins de lucro cuxa misión é axudar aos adolescentes con enfermidades mentais.[4] Apareceu nun vídeo para falar sobre as enfermidades mentais que experimentou, incluída a ansiedade, a depresión e o TOC.[5] Tamén falou sobre o seu historial de enfermidades mentais no podcast de Paul Gilmartin, The Mental Illness Happy Hour.[6]

En 2013, Wilson residía en Queens, Nova York.[7] Ela é bisexual,[8] e nunha entrevista de 2019 co sitio web bi.org, Wilson declarou sobre a súa sexualidade:

Lembro que pensei cando era xove que a bisexualidade tiña máis sentido para min que ser heterosexual ou ser gay. Para min tiña máis sentido intrínsecamente. Pensei: "Ben, si, para min ten sentido que a xente se sinta atraída por máis dun tipo de persoa". E lembro ter tido ese pensamento, mais pensando: "Pero iso é algo abstracto, non é un pensamento real".

E lembro sentirme atraída polas rapazas e namorarme delas na escola secundaria, e tamén a unha idade moi temperá. Creo que cando era como unha prepúber, realmente non me dei conta de que había namoramentos. Na escola secundaria, pensaba que tiña namoramentos ou amores platónicos, pero logo dicía: "Non, por suposto que non, é outra cousa". Botaríalle a culpa a outra cousa. Levoume moito tempo.

Tamén houbo moitas razóns polas que non me identifiquei con iso durante moito tempo. Creo que [para] cando cumprín a maioría de idade na década de 2000, existía unha especie de idea de: "estalo facendo para chamar a atención".[9]

Nunha entrevista de NPR de 2017, a actriz de dobraxe de The Simpsons, Nancy Cartwright, declarou que unha xove Wilson foi a inspiración para a voz dun personaxe no episodio «Bart Sells His Soul».[10]

Nun artigo de opinión de 2017 na revista Elle, Wilson defendeu á actriz dese entón con 13 anos, Millie Bobby Brown despois de que os comentaristas sexualizaran a imaxe pública de Brown.[11][12]

O 23 de febreiro de 2021, nun artigo de opinión de The New York Times, Wilson comentou sobre o documental Framing Britney Spears e os paralelismos entre as súas vidas como estrelas infantís.[13] Describiu que lle pediron que comentara sobre a florecente sexualidade de Spears, de 18 anos, cando apenas tiña 13. Expresou alivio por escapar en gran medida da sobreexualización da súa imaxe pública en comparación con Spears. Describiu a súa decepción cando un xornalista a chamou "mocosa malcriada" cando ela declarou honestamente que quería o día libre no seu aniversario número 13 en lugar de conceder entrevistas.[13]

Wilson é curmá do comentarista político conservador e presentador de medios Ben Shapiro.[14][15] Wilson, que é progresista,[16] declarou en entrevistas públicas que desautorizou a Shapiro polas súas opinións políticas e que non se falan dende hai anos.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Filme
Ano Título Papel Notas
1993 Mrs. Doubtfire Nattie Hillard Papel secundario
1994 Miracle on 34th Street Susan Walker Papel principal
1996 Matilda Matilda Wormwood Papel principal
1997 A Simple Wish Anabel Greening Papel principal
1999 Balloon Farm Willow Johnson Telefilme
2000 Thomas and the Magic Railroad Lily Papel principal
Televisión
Ano Título Papel Notas
1996 Pearl Samantha Stein Episodio: "The Tutor"
1999 Batman Beyond Tamara (voz) Episodio: "Mind Games"
2012 Missed Connection Bitty
  1. Wilson, Mara (28 de maio de 2013). "7 Reasons Child Stars Go Crazy (An Insider's Perspective)". Cracked.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2016. 
  2. Linic, Claire (2014-11-14). "What is Mara Wilson afraid of?". The Daily Dot. Cidade de Nova York: Complex Media, Inc. Consultado o 2019-08-04. 
  3. Wilson, Mara (2015-05-19). Kill Me Now with Judy Gold - Episodio: 3. Omny Studio. Entrevista con Judy Gold. Arquivado dende o orixinal o 2018-04-16. Consultado o 2018-04-15. 
  4. Holmes, Lindsay (2015-10-09). "Mara Wilson On Dealing With Mental Illness In The Public Eye". HuffPost. New York City. Consultado o 2019-08-04. 
  5. Pittman, Taylor (2015-05-05). "Mara Wilson's Important Message For Teens Living With Mental Illness". HuffPost. Consultado o 2019-08-04. 
  6. Gilmartin, Paul (2016-09-16). "Mara Wilson". The Mental Illness Happy Hour. Consultado o 2018-02-22. 
  7. Nelson, Jeff (2016-08-24). "Mara Wilson: Why Mrs. Doubtfire Star Quit Hollywood over Scrutiny of Her Looks". People. New York City: Meredith Corporation. Consultado o 2019-08-04. 
  8. Goldberg, Ariel (2017-09-20). "'Matilda' is Bi and So Am I: an Interview with Mara Wilson". Medium. San Francisco, California: A Medium Corporation. 
  9. Roberson, Jennie (2019-12-28). "A Conversation With Mara Wilson - Part One". Bi.org. 
  10. Prescott, Julia; Goertz, Allie (2017-08-08). "Allie Goertz and Julia Prescott interview comics, writers, animators and show creators about their favorite Episodio: of "The Simpsons."". Feral Audio. Arquivado dende o orixinal o 2017-08-08. 
  11. Mara Wilson (2017-11-14). "Matilda Actress Mara Wilson: A 13-Year-Old Girl Is Not 'All Grown Up'". Elle magazine. Consultado o 2021-02-25. Axiña como cheguei á puberdade, estaba ben que os estraños falasen do meu corpo. Cada vez que me cruzaba cun artigo sobre min, todos os medos que tiña sobre o meu corpo pubescente confirmábanse: era fea, o cal, como muller, volvíame inútil, ou era linda, que me converteu nun obxecto. Era maior, o que me facía vulnerábel. Como era unha actriz infantil, o meu corpo era de dominio público. 
  12. Zoë Weiner (2017-11-16). "Mara Wilson Defends "Stranger Things" Star Millie Bobby Brown In a Powerful Essay". Teen Vogue. Consultado o 2021-02-25. A semana pasada, un home adulto chiou unha foto de Millie vestida para unha estrea e sinalou que a actriz simplemente creceu fronte aos nosos ollos, e Mara di que a fixo sentir enferma e furiosa. 
  13. 13,0 13,1 Mara Wilson (2021-02-23). "The Lies Hollywood Tells About Little Girls". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 2021-02-24. Consultado o 2021-02-25. Aprendín que estaría a falar cos reporteiros todo o día. Traballar no meu aniversario non era novo para min, celebrara o meu oitavo aniversario no set de Matilda e a miña novena rodaxe de A Simple Wish, pero isto aínda foi decepcionante. 
  14. McNamara, Neal (2014-01-24). "Justin Bieber a symptom of a big problem". KTTH. Arquivado dende o orixinal o 2015-07-03. Consultado o 2017-09-20. 
  15. "Ep. 411 - Another Day, Another Mass Shooting (at 44.22 minutes in)". Consultado o 2018-04-20. 
  16. Klion, David (2020-08-28). "Q&A with Mara Wilson". Jewish Currents. Consultado o 2020-12-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]