Saltar ao contido

Marc Perrodon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarc Perrodon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1878 Editar o valor en Wikidata
Vendôme, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 1939 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Beauvais, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor en Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor en Wikidata
Participou en
1924Xogos Olímpicos de 1924
1920Xogos Olímpicos de 1920
1908Xogos Olímpicos de 1908 Editar o valor en Wikidata

Olympic.org: marc-perrodon Editar o valor en Wikidata

Marc Perrodon, nado en Vendôme o 31 de agosto de 1878 e finado en Beauvais o 22 de febreiro de 1939, foi un militar, tirador deportivo e tirador de esgrima francés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1907 logrou o primeiro posto no campionato militar de Francia en tiro con revólver. e foi o primeiro no torneo militar da Haia en sabre por equipos. Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 de Londres, quedando cuarto no concurso de sabre por equipos, nese ano revalidou o seu primeiro posto no campionato militar en tiro con revólver. En 1909, 1910, 1912, 1913, 1914, 1922 e 1924 foi campión militar francés de sabre e en 1912, 1920, 1922 e 1923 volveu repetir como campión de tiro con revólver. Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres logrou unha medalla de prata en sabre por equipos. En 1923 quedou en segundo lugar nos campionatos militares europeos en sabre e nos campionatos do mundo da Haia e en 1924 foi primeiro nos campionatos nacionais en sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1928 en Ámsterdan foi árbitro internacional.