Marca da Bretaña
A marca da Bretaña (en bretón: Marz Breizh) foi unha entidade creada no século VIII coa unión de varios condados francos. Integrábana o Bro Roazhon, o Bro Naoned e o Bro Gwened, e parte do Maine e era unha verdadeira zona amortecedora, baixo administración militar. O seu máis máis coñecido prefecto (Britannici limitis praefectus) foi Roldán, sobriño de Carlomagno, morto no 778 na batalla de Roncesvales.
Foi conquistada e integrada completamente no Reino da Bretaña por Nominoe e os seus sucesores, e logo creouse unha segunda marca, coñecida como a marca bretoa, pero en realidade Marca de Neustria contra os bretóns, formada por Turena, Anjou e Maine, e confiada a Roberto o Forte en 861. Á súa vez, unha parte desta segunda marca será cedida a Bretaña ao abeiro do Tratado de Entrammes (863).
Historia
[editar | editar a fonte]Área de conflitos
[editar | editar a fonte]A rexión entre Vannes e Blois foi unha zona de conflito desde a caída do Imperio Romano de Occidente e a instalación dos francos e bretóns na antiga Galia.
No transcurso da primeira metade do século VI, Waroc'h I conquistou o Bro Gwened que se converteu no Broërec, pero fracasa ante a cidade de Vannes.
No 578, Waroc'h II, o seu neto, conquistou Vannes e derrotou o exército de Khilperico I ás beiras do Vilaine. Despois fixo numerosas incursións sobre as rexións francas de Rennes e Nantes, o que provocou o envío dun exército polo rei Gontrán en 590. A rivalidade entre os dous xefes desta expedición, Beppolem e Ebrachain, provoca a súa derrota, a pesar dunha reconquista de curta duración de Vannes para este último.
Creación
[editar | editar a fonte]En 753, Pipino I o Breve conquistou Vannes e decidiu crear a marca da Bretaña, co fin de protexer o reino franco das incursións bretoas. O prefecto Grifón foi sucedido por Rolando, que faleceu no 778 na batalla de Roncesvales contra os vascos. En 786, o senescal Audulfo realizou unha expedición contra os bretóns. En 799, o prefecto e conde Guido de Nantes conquistou a Bretaña. Entre 814 e 818, Lamberto I de Nantes sucedeu ao seu pai como prefecto da marca da Bretaña e conde de Nantes.
O desmantelamento
[editar | editar a fonte]Debido ás revoltas de 811 e 818, Lois I o Piadoso nomeou a Nominoe, xefe bretón como conde de Vannes en 819, e despois duque (Ducatus ipsius gentis) dos bretóns en 831. A revolta de 824, liderada por Wiomarc'h, foi de tal medida que Lois I o Piadoso tivo que intervir en persoa acompañado dos seus fillos Pipino I de Aquitania e Lois o Xermánico. En 831 establecíase o ducado da Bretaña e Lamberto I de Nantes, partidario de Lotario I, foi enviado ao exilio a Italia pouco despois.
No 840 faleceu o emperador, Lois I o Piadoso. En 841, Carlos II o Calvo confía o condado de Nantes a Renaldo de Herbauges, que intenta atacar a Nominoe en 843, pero é derrotado e morto na batalla de Mesac. Despois da morte de Renaldo, Nantes foi saqueada polos normandos e Lamberto, un nobre aliado de Nominoe fillo de Lamberto I, converteuse en amo da cidade á súa saída.
A batalla de Ballon foi unha nova vitoria de Nominoe sobre Carlos o Calvo e marcou a independencia en 845 da Bretaña, que foi concretada por un tratado en 846. No mesmo ano, Carlos o Calvo nomea a un tal Amaury conde de Nantes e prefecto da marca.
En 849 retomáronse as hostilidades, con ataques en profundidade no oeste de Francia e a conquista de Rennes e Nantes. No 851, Nominoë morre nunha campaña preto de Vendôme. Erispoé, o seu fillo, sucedeuno e derrotou ao exército franco na batalla de Jengland. No tratado de Angers, Carlos o Calvo concede as insignias reais a Erispoé, cos condados de Rennes e Nantes así como co país de Retz. Con isto a marca da Bretaña incorporouse completamente ao Reino da Bretaña.
Segunda marca
[editar | editar a fonte]En 861 Carlos o Calvo creou unha nova zona tampón despois da perda total da marca da Bretaña, que foi chamada Marca de Neustria contra os bretóns, que comprendía os condados de Turena, Anjou e Maine. Roberto o Forte recibiu o goberno deste territorio.
Os sucesivos tratados de Louviers (856), Entrammes (863 e Compiègne (868) concederon sucesivamente aos reis da Bretaña Erispoé e logo a Salomón I da Bretaña o territorio chamado "Entre dous ríos" (entre o Loira e o Sena), o Cotentin e o Avranchin (Avranches).
Estabilización das fronteiras
[editar | editar a fonte]Roberto o Forte morreu na batalla de Brissarthe (xullo de 866), e gran parte da marca perdeuse. Dado que as invasións normandas foron cada vez máis devastadoras e os bretóns entraron en guerra civil á morte de Salomón, parecía que non era necesaria unha marca británica. Despois da vitoria de Alan II da Bretaña sobre os normandos en 937, os límites da Bretaña recuaron ata os dos cinco departamentos actuais (Côtes-d'Armor, Finisterre, Ille et Vilaine, Morbihan e Loire Atlantique).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Émile Chénon, « Les marches séparantes d'Anjou, Bretagne, et Poitou », in Nouvelle revue historique de droit français et étranger, 16e année, 1892, p.|18-62, p. 165-211.
- Léon Levillain, « La Marche de Bretagne, ses marquis et ses comtes », in Annales de Bretagne, vol. 58, n° 58-1, 1951, p. 89-117, en liña.
- René Cintré :
- « Un exemple de contestation péagère au XV|e siècle. Le péage de Champtocé sur Loire, d'après le procès de 1412-1414 », in Annales de Bretagne et des pays de l'Ouest, vol. 92, n°92-1, 1985, p. 13-25, [https://web.archive.org/web/20150924071623/http://www.persee.fr/articleAsPDF/abpo_0399-0826_1985_num_92_1_3178/article_abpo_0399-0826_1985_num_92_1_3178.pdf en liña}
- « Activités économiques dans les marches de Bretagne aux XIVe et XVe siècles », in Annales de Bretagne et des pays de l'Ouest, vol. 101, n° 101-4, 1994, p. 7-36, en liña.
- Léon Fleuriot, Les origines de la Bretagne, Éd. Payot, 1980. ISBN 2-228-12710-8
- Henri Poisson, Jean-Pierre Le Mat, Histoire de Bretagne, Éd. Coop Breizh, ISBN 978-2843460913
- Joël Cornette, Histoire de la Bretagne et des Bretons. volum 1. Des âges obscurs au règne de Louis XIV, Éd. Seuil, 2005. ISBN 978-2020548908
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |