O cantar de Rolán
O cantar de Rolán | |
---|---|
![]() Oito escenas de La Chanson de Roland. | |
Título orixinal | La Chanson de Roland |
Autor/a | joua |
Lingua | francés antigo |
Tema(s) | Roldán e Batalla de Roncesvales |
Xénero(s) | Cantar de xesta e Epopea |
Data de pub. | século XIxuliano |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cantar de Rolán,[1] cuxo título orixinal é La Chanson de Roland,[1] é un poema épico medieval en francés antigo. É o cantar de xesta escrito en lingua romance máis antigo. Foi traducido ao galego por Camilo Flores, publicado pola Xunta de Galicia en 1989.[2].
O primeiro manuscrito escrito coñecido da obra é o Manuscrito de Oxford escrito en anglonormando cara a 1170. Consta de 4.002 versos decasílabos, distribuídos en 291 estrofas de desigual lonxitude chamadas tiradas (laisses). Este manuscrito atribúese a un monxe normando, Turoldo, cuxo nome aparece no último verso (Ci falt la geste que Turoldus declinet).
Cantar de xesta
[editar | editar a fonte]Os cantares de xesta eran poemas destinados a ser recitados en público por trobadores. Este recitado facíase sobre unha ou varias frases melódicas simples, narrándose feitos históricos, heroicos ou de fazañas. La Chanson de Roland foi o primeiro cantar de xesta de Europa, seguíndolle moitos outros, sempre tendo como base a batalla de Roncesvalles e reflectindo as virtudes esixidas aos cabaleiros cristiáns medievais.
Datación
[editar | editar a fonte]Se ben o manuscrito de Oxford está escrito cara a finais do século XII, seguramente o texto apareceu entre 1060 e 1065, pois segundo Guillerme de Malmesbury os normandos xa cantaban a Canción de Rolán durante a batalla de Hastings. Ademais, segundo Dámaso Alonso, unha anotación en escritura visigótica atopada no manuscrito 39 do mosteiro de San Millán de la Cogolla non é posterior ao terceiro cuarto do século XI.
Historia
[editar | editar a fonte]Tan negro é como pez fundido e prefire a traizón e o crime a todo o ouro de Galicia (Versos 1.471-1.476)
con flamengos e guerreiros de Frisia. Eran mais de corenta mil combatentes a cabalo que nunca abandonarían a batalla. Así dixo o rei:"Estes serviránme con fidelidade. Entre Rembalt e Hamón de Galicia(Raimundo de Borgoña)[3][4] han guialos conforme á arte da cabalaría". (Versos 3.067 3.073) —Referencias a Galicia no Cantar de Roldán
|
O Cantar narra os feitos da batalla de Roncesvalles pero con certas modificación lendarias. Na realidade a batalla, que tivo lugar o 15 de agosto de 778, foi seguramente un enfrontamento entre tribos de vascóns e a retagarda das forzas de Carlomagno baixo o mando do conde Rolán, prefecto da Marca da Bretaña. Segundo os anais e as crónicas do século IX, debeu ser unha emboscada no desfiladeiro de Valcarlos, na vertente norpirenaica. Así, a crónica en latín de Eginhard, Vita Caroli, di que o rei Carlos (pois aínda non era emperador), aliouse con certos caudillos musulmáns de Al-Andalus nas súas loitas internas. Logo de tomar Pamplona e cercar Zaragoza por mor dun ataque dos saxóns e un amotinamento en Aquitania, regresa a Francia tras levantar o asedio e saquear Pamplona. En vinganza polo saqueo, a retagarda é atacada por montañeses vasco-navarros.
Lenda
[editar | editar a fonte]La Chanson de Roland foi composta uns tres séculos despois dos feitos, polo que estes foron adornados e transformados cunha dimensión épica e heroica cun transfundo relixioso. O personaxe de Roland, que só era o conde da marca da Bretaña, convértese no sobriño do vello emperador, e aparece acompañado de Oliveros, outro barón franco. A emboscada dos vascóns pasa a ser un ataque de 400.000 sarracenos, que derrotan a Rolán e aos Doce Pares de Francia logo da traizón de Ganelón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18.
- ↑ Homenaxe ó profesor Camilo Flores
- ↑ Harguindey Banet, Henrique (2009). La Galice, dez séculos de olladas francesas. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9887-125-8.
- ↑ Gicquel, Bernard (2003). "Généalogie de la Chanson de Roland, suivi des Sources et Modèles". Cahiers de civilisation médiévale, 49e année (en francés) (194).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O cantar de Rolán ![]() |