Marcial Taboada de la Riva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 1837 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 23 de abril de 1913 ![]() Pinto, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, político ![]() |
Membro de | |
Premios | |
![]() |
Marcial Taboada de la Riva, nado en Ourense o 15 de marzo de 1837 e finado en Pinto o 23 de abril de 1913, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid (1857), abandonou o corpo de sanidade da Armada e especializouse en hidroloxía. Dirixiu os balnearios de Marchena e Panticosa e foi inspector xeral de Sanidade. Militou no Partido Liberal e foi deputado polo distrito do Carballiño (1893-1896 e 1898-1899) e senador polas provincias de Ourense (1897-1898) e Lugo (1901-1902), pola Real Academia de Medicina (1903-1904) e senador vitalicio (1905-1907). Dirixiu o Anuario de Hidrología Médica Española. Foi presidente da Sociedad Española de Hidrología, vicepresidente do Consello de Sanidade e membro da Real Academia de Medicina, da Sociedade de Ciências Médicas de Lisboa e da Société Française d’Hygiéne.
Obras
[editar | editar a fonte]- La invasión colérica.
- El histerismo.
- Tratado de hidroloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Expediente no Senado