Panticosa
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Aragón | |||
Provincia | Provincia de Huesca ![]() | |||
Capital | Panticosa (en) ![]() ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 894 (2023) ![]() | |||
Lingua oficial | Lingua aragonesa (lingua predominante) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 95,904794 km² ![]() | |||
Altitude | 1.184 m ![]() | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde ![]() | Ricardo Laguna Belio (en) ![]() ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 22661 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 22170 ![]() | |||
Páxina web | panticosa.es ![]() |
Panticosa (Pandicosa, en aragonés) é un concello aragonés da provincia de Huesca, situado na comarca do Alto Gállego. A súa poboación é de 819 habitantes (2010) e ten unha superficie de 95,9 km². No concello localízase a estación de esquí de Aramón Panticosa.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O municipio está sito ao norte da provincia de Huesca, no val do Tena, enclavado nos Pireneos. Dista 95,9 km da cidade de Huesca.
Entidades[editar | editar a fonte]
O concello componse de tres localidades: Panticosa, Baños de Panticosa e El Pueyo de Jaca.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Pandicosa_%28Uesca%29.jpg/250px-Pandicosa_%28Uesca%29.jpg)
Historia[editar | editar a fonte]
Os romanos coñeceron e aproveitaron as augas termais do aínda subsistente balneario de Panticosa. Fican restos dun balneario romano, de difícil acceso, con moedas de ofrenda das épocas de Augusto e Tiberio.
Afonso XII frecuentou o balneario moderno de Panticosa, o que explica parte da decoración do complexo hoteleiro.
Dialecto aragonés[editar | editar a fonte]
O falar pandicuto é a variante mellor conservada e máis viva do aragonés tensino ou do Val de Tena.
O topónimo[editar | editar a fonte]
O nome pode proceder do latín FONTICOSA, con influencia fonética vasca, no que evolúe F- inicial a p- como en pago (< fagu), o que se observa tamén en aragonés pantasma. A forma aragonesa Pandicosa con -nd- documentouna como minoritaria Francho Nagore, cando realizou a súa tese sobre o aragonés local, e está documentada en textos medievais de entre 1425 e 1450.