Benás
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Huesca | ||||
Capital | Benasque | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.306 (2023) (9,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 233,195637 km² | ||||
Altitude | 1.138 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22440 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 22054 | ||||
Páxina web | benasque.es | ||||
Benás (en benasqués: Benás, en catalán: Benasc, en castelán: Benasque, oficialmente Benasque/Benás[1]) é un municipio da provincia de Huesca (Aragón), situado no corazón dos Pireneos a 143 km da capital en dirección nordeste. Pertence ó partido xudicial de Boltaña e forma parte da comarca da Ribagorza.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Localízase a 1140 metros sobre o nivel do mar, xunto ó río Ésera. É centro neurálxico do Val de Benás, chamado tamén o "Val Escondido", e municipio destacado da comarca, onde sobresae polos seus valores paisaxísticos e naturalistas, dado que aquí se atopa o Parque Natural Posets-Maladeta e o pico Aneto.
No seu termo municipal, que abarca 233,17 km², atópanse os belos pobos de Cerler-Sarllé e Anciles-Ansils, o primeiro deles tamén famoso polas súas pistas de esquí.
A súa poboación é de 2025 habitantes (2004) e o seu xentilicio: benasqués.
Filoloxicamente é coñecido por ser o lugar de encontro do catalán e do aragonés e falarse un dialecto de transición chamado patués.
Tradicionalmente ten estado moi illada tanto de Francia como do resto de Aragón (incluso máis). Pensemos que antes da construción do congosto de ventamillo (en torno a 1916), chegar até Graus custaba un día de viaxe, que unicamente se podía facer andando ou sobre cabalarías. A viaxe a Bagnères de Luchón custaba (e segue a custar) máis de 10 horas.
Historia
[editar | editar a fonte]Probablemente fundada polos romanos, que construíron os primeiros baños de auga sulfurosa na súa actual situación, aínda que este feito non está documentado. A referencia documental máis antiga, o Rótulo de Benás, data de 1006 a 1018. Dende o século XI pertenceu ó Condado de Ribagorza, parte do Reino de Aragón. Situado nun alto ó norte da vila, existía dende o século XIII un castelo que foi mandado demoler por Real Decreto en 1858.
En 1660 sufriu un forte terremoto. A zona pirenaica ten unha moderada actividade sísmica, polo que se producen con certa frecuencia pequenos tremores. Nos anos 1727, 1834 e 1925 producíronse grandes crecidas do río Ésera que causaron numerosos danos, entre eles a destrución das pontes.
Durante a Guerra Civil española, un incendio destruíu boa parte da vila. En 1939 o porto de Benás foi testemuña dunha dura travesía de republicanos que fuxían a Francia.
A poboación sufriu variacións na historia, alcanzando un máximo en 1870 (1750 habitantes) e un mínimo en 1970 (574 habitantes). Xa no século XXI se volveu acadar un novo máximo.
Economía
[editar | editar a fonte]Aínda que a economía xirou tradicionalmente en torno á gandería e en menor medida á agricultura e silvicultura, nas últimas décadas estas actividades practicamente desapareceron, pasando a ser o turismo a actividade central.
No primeiro terzo do século XX estoupaba unha mina de piritas máis arriba de Cerler. O seu produto baixábase nun teleférico de máis de 3 km de lonxitude, cuxos restos aínda hoxe se poden apreciar uns 500 metros antes da entrada de Benás.
A creación e expansión da estación de esquí de Cerler, así como o crecente turismo de montaña teñen impulsada a construción de numerosos hoteis, edificios de apartamentos, restaurantes, comercios e demais establecementos relacionados.
Eventos
[editar | editar a fonte]Festas patronais en honor de San Marcial que se celebran o 30 de xuño. Cerler celébraas o 10 de agosto (San Lourenzo) e o 29 de abril (San Pedro Mártir). Anciles faino o 29 de xuño (San Pedro).
Desde 1994 vén funcionando en verán o Benasque Center for Science, no que científicos de diferentes países teñen a oportunidade de traballar e intercambiar ideas nun contorno agradable.
Desde 1981 celébrase tódolos veráns o Torneo "Open Internacional de Xadrez Vila de Benás"
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DECRETO LEXISLATIVO 2/2006 Arquivado 23 de abril de 2009 en Wayback Machine., de 27 de decembro, do Goberno de Aragón, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Delimitación Comarcal de Aragón.