Parque Natural Posets-Maladeta
Tipo | espazo natural protexido Lugar de importancia comunitaria parque natural | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 33.469,74149 ha | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 196377 | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ES0000149 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1994 | |||
Páxina web | rednaturaldearagon.com… | |||
O Parque natural de Posets-Maladeta atópase na comunidade de Aragón. Concretamente nas comarcas de Ribagorza e Sobrarbe, na parte máis oriental do Pireneo Aragonés. Trátase dun parque natural de alta montaña, e como tal máis da metade dos seus picos superan os 3000 metros. Nomear especialmente o Aneto, o segundo pico máis alto da Península Ibérica por detrás do Mulhacén, e os dous picos que dan nome ó parque: o Maladeta con 3.308 metros e o Posets con 3.375.
Salientar a presenza de glaciares, formadores e modificadores da paisaxe montañesa; estando moitos deles protexidos pola figura legal de Monumento natural. Moitos destes glaciares están ocupados por ibones ou lagos de orixe glaciar que poden estar conxelados ata seis meses ó ano. Os máis coñecidos son o de: Sein, Millares, Barbarisa, Ballibierna o Batisielles. Porén o glaciar do sistema Aneto-Maladeta con 100 ha é o máis extenso, non só do Parque senón de todos os Pireneos.
A riqueza botánica e ampla, dende árbores de alta montaña coma os abetos e piñeiros negros, ata as flores alpinas de gran beleza coma a azucena pirenaica, a azucena silvestre ou o dente de can (Erythronium dens-canis).
Ademais de Parque natural a zona foi declarada coma ZEPA por contar con especies tan importantes coma o Quebraosos,a aguia real, o voitre leonado, a pita do monte, a Lagopus muta, o gabeador vermello ou o moucho de Tengmalm.
Entre os mamíferos cóntanse a lontra , o rebezo, o corzo e o cervo.