Marco Claudio Marcelo (cónsul 166 a. C.)
Nome orixinal | (la) M. Claudius M.f.M.n. Marcellus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 208 a. C. Roma Antiga |
Morte | 148 a. C. (59/60 anos) Mar Mediterráneo |
Causa da morte | afogamento |
Senador romano | |
valor descoñecido – valor descoñecido | |
Cónsul romano | |
166 a. C. – 166 a. C. Xunto con: Caio Sulpício Galo (pt) | |
Pretor | |
Gobernador romano | |
Tribuno da plebe | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga, militar da Roma antiga |
Período de tempo | Media República Romana |
Familia | |
Familia | Claudii Marcelli (en) |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Fillos | Marcus Claudius Marcellus |
Pais | Marcus Claudius Marcellus e valor descoñecido |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Marco Claudio Marcelo (en latín, M. Claudius M.f.M.n. Marcellus), nado cara o 209 a. C. e finado no 148 a. C., foi un cónsul romano durante a República. Durante a súa estancia en Hispania, fundou a cidade de Corduba, a actual Córdoba.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Marcelo pertencía á rama plebea da Gens Claudia, que, segundo os historiadores, estaba inicialmente moi relacionada cos patricios da Gens Claudia: O primeiro Marcelo, que chegou ás maxistraturas, aínda puido ser un cliente dos Claudio Craso. O cognomen Marcellus é unha forma diminutiva do praenomen Marcus, aínda que Plutarco construíu a etimoloxía a partir do nome do deus romano da guerra, Marte. O primeiro portador deste apelido, mencionado nas fontes, foi cónsul no 331 a.C.
Seu pai, tiña o seu mesmo nome e fora cónsul no ano 196 a.C. e seu avó, tamén co mesmo nome, fora un dos heroes da Segunda guerra púnica e accedera ao consulado 5 veces.
Carreira política
[editar | editar a fonte]A primeira mención se produce cando seu pai morre no 177 a. C. e Marcelo o sucede no cargo de pontífice.[2][3][4] Posteriormente, foi tribuno da plebe[5][6] no 171 a. C. en neste momento, que se estaba a recrutar un exército para a Terceira guerra macedónica, os centurións queixáronse aos tribunos de estaren sendo recrutados sen atender a méritos anteriores. Tanto Marcelo como outro dose seus colegas, Marco Fulvio Nobilior, pretenderon deriva-la queixa aos cónsules, mais o resto dos tribunos se negaron e apoiaron as demandas dos centurións.
No ano 169 a. C. foi pretor en Hispania das súas provincias, a Citerior e a Ulterior.[7][8] Foi nesta etapa cando leva a cabo a fundación dunha colonia latina que dará orixe á cidade de Corduba (actual Córdoba).[9] O emprazamento, a carón do río Betis (actual Guadalquivir), xa coñecía da existencia dun poboado ibérico anterior e da creación dun campamento durante as guerras con Cartago. A nova cidade máis tarde se converteu no centro administrativo da provincia de Hispania Ulterior, posteriormente convertida na Bética.[10]
Primeiro (166 a. C. ) e segundo consulados (155 a. C.)
[editar | editar a fonte]No 166 a.C. foi nomeado cónsul de Roma, con Caio Sulpicio Galo. Neste mandato, conseguiu vencer a varias tribos dos galos dos Alpes e a varias tribos dos ligures polo que obtivo as honras do triunfo.[11][12]
No 155 a. C. volveu de novo ao consulado e venceu aos ligures celebrando un triunfo.[12][13] No 152 a. C. accedeu ao consulado pola terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, e foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, que fora incapaz de facer fronte á rebelión dos celtiberos.[14] Malia conseguir que estes enviasen embaixadores a Roma e que os lusitanos aceptasen a paz, a súa actitude a prol da paz non foi aceptada en Roma e continuou a guerra.[14]
Terceiro consulado e guerras celtiberas
[editar | editar a fonte]No 152 a. C., foi nomeado cónsul por terceira vez, xunto con Lucio Valerio Flaco, e foi enviado a Hispania para substituír a Quinto Fulvio Nobilior, quen daba mostras de incapacidade para facer fronte á rebelión celtibérica, a Segunda guerra celtibérica. Marcelo tomou diversas medidas militares que conseguiron controlar o val do Xalón e xunto con actos de clemencia e de visión política logrou atraer a simpatía dos celtiberos. Obtivo a rendición de Oscilis e os arévacos deciden concertar unha tregua. [15]
Polo sur os vetóns e lusitanos sometéronse a Marco Atilio, acatando a súa obediencia, mais como este abandonou axiña a zona, volveron á revolta. Daquela, Marcelo tivo que acudir, de novo, conseguindo pacificalos e ocupando a cidade de Nertóbriga.[16]
No inverno do 152 ao 151 a. C. pasou a Córdoba, que pouco antes establecera como colonia, para pasa-lo inverno. A embaixada dos arévacos a Roma non logrou concertar a paz, xa que o senado acusou a Marcelo de indolencia e non ratificou o acordo, elixindo a Lucio Licinio Lúculo como novo cónsul para continuar a guerra. Ao coñecer Marcelo a resolución, finxiu un ataque aos celtiberos, que se someteron incondicionalmente, quizais por medio dun pacto preestablecido, e que o cónsul aceptou, asinando a paz en Numancia, restablecendo os antigos tratados, e así entregou a provincia ao seu sucesor totalmente pacificada.
Porén, ao regreso a Roma, ao remate do consulado, non obtivo o dereito de triunfo. Segundo A. V. Korolenkov, "para Marcelo, dúas veces triunfante, isto non tivo unha importancia fundamental". No Templo da Honra e da Virtude, Marco Claudio colocou tres estatuas, a súa, a do seu pai e a do seu avó, coa inscrición: Tres Marcelli novies consules (en galego: Os tres Marcelos, que foron nove veces cónsules).
Case ao mesmo tempo, no 151 a.C., Catón o Vello fixo un discurso no Senado no que reclamaba a prohibición de ser elixido por segunda vez para o consulado, pero non se sabe se se aprobou a lei correspondente. No 148 a. C. mentres se dirixía como embaixador a Masinisa de Numidia, o seu navío naufragou resultando morto.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Na cidade de Córdoba, que el fundou ten adicada unha rúa, a rúa, preto de onde estaba o foro romano antigo e un templo. Amais disto, no 2015, erixiuse unha estatua na súa honra, realizada polo escultor Marcos Augusto Dueñas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 P., F. J. (21 de maio de 2015). "Claudio Marcelo ya tiene su estatua en Córdoba". abc.es (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 León, José Manuel (27 de outubro de 2020). "Claudio Marcelo, el fundador de Córdoba que murió en un naufragio". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024.
- ↑ Tito Livio (2008), p. 29 (Libro XLI, 13-4)
- ↑ Broughton (1951), p. 399
- ↑ Tito Livio (2008), p. 102 (Libro XLII, 32-7)
- ↑ Broughton (1951), p. 417
- ↑ Tito Livio (2008), p. 179 (Libro XLIII, 15-3)
- ↑ Broughton (1951), p. 424
- ↑ León, José Manuel (27 de outubro de 2020). "Claudio Marcelo, el fundador de Córdoba que murió en un naufragio". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 16 de xullo de 2024.
- ↑ "Claudio Marcelo: Fundador de Córdoba". eventourcordoba.es. Consultado o 17 de xullo de 2024.
- ↑ Broughton (1951), p. 437
- ↑ 12,0 12,1 "Fasti Triumphales". attalus.org (en inglés). 29 de febreiro de 2016. p. 105. Consultado o 17 de xullo de 2024.
- ↑ Broughton (1951), p. 448
- ↑ 14,0 14,1 Broughton (1951), p. 453
- ↑ Apiano (1983), p. 146 (Libro VI: Sobre Iberia, 48)
- ↑ Apiano (1980), p. 148 . Apiano menciona Nergóbriga da que se descoñece a ubicación. Na nota a pé de páxina se indica que está documentada unha Nertóbriga, actual Riela ou quizais Calatorao (Zaragoza). Mais tamén existe outra Nertóbriga Concordia Iulia, a actual Fregenal de la Sierra (Badaxoz).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Apiano (1980). Historia Romana. Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 34 (en castelán). Introdución, tradución e notas de Antonio Sancho Royo. Madrid: Gredos. ISBN 84-249-3550-0.
- Broughton, T. R. S. (1951). The Magistrates of the Roman Republic. Vol I: 509 B.C.-100 B.C. (en inglés). Nova York: American Philological Association.
- Polibio (1983). Historias (Libros XVI-XXXIX). Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 58 (en castelán). (tradución e notas de Manuel Balasch Recort). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-0873-2.
- Tito Livio (2008). Historia de Roma desde su fundación (Libros XLI-XLV). Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 192 (en castelán). (tradución e notas de José Antonio Villar Vidal). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-1643-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Quinto Elio Peto e Marco Xulio Peno |
Cónsul da República Romana xunto con Caio Sulpicio Galo 166 a. C. |
Sucesor: Tito Manlio Torcuato e Cneo Octavio |
Predecesor: Lucio Cornelio Léntulo Lupo e Caio Marcio Fígulo (II) |
Cónsul da República Romana xunto con Publio Cornelio Escipión Nasica Córculo (II) 155 a. C. |
Sucesor: Quinto Opimio e Lucio Postumio Albino |
Predecesor: Quinto Fulvio Nobilior e Tito Annio Lusco |
Cónsul da República Romana xunto con Lucio Valerio Flaco 152 a. C. |
Sucesor: Lucio Licinio Lúculo e Aulo Postumio Albino |