Saltar ao contido

T. Robert S. Broughton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaT. Robert S. Broughton
Nome orixinal(en) Thomas Robert Shannon Broughton Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1900 Editar o valor en Wikidata
Corbetton, Canadá (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Chapel Hill, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
President of the Society for Classical Studies (en) Traducir
30 de decembro de 1953 – 30 de decembro de 1954
← Benjamin Dean Meritt (pt) TraducirHarry Caplan (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Johns Hopkins - Doutor en filosofía (–1928)
Universidade de Chicago - mestría en artes (–1922)
Universidade de Toronto - grao en Artes (–1921) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía clásica, historia e Prosopografía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario, historiador, erudito clásico, filólogo clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill (1965–1970)
Bryn Mawr College (1927–1965)
Amherst College (1926–1927) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresTenney Frank (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosGeorge W. Houston (pt) Traducir, Jane E. Phillips (en) Traducir e James Geraty Harrison (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1212773

Thomas Robert Shannon Broughton[1] nado en Corbetton, unha aldea do municipio de Melanchton en Ontario, Canadá, o 17 de febreiro de 1900 e finado en Chapel Hill, Carolina do Norte, o 17 de setembro de 1993, foi un historiador e prosopógrafo canadense coñecido pola súa obra The Magistrates of Roman Republic, realizada en 3 volumes e publicada entre 1951 e 1986.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Asistiu ao Victoria College na Universidade de Toronto. Alí recibiu o B.A. en 1921 con honra en estudos clásicos. Obtivo o seu M.A. en 1922. Despois de estudar na Universidade de Chicago, foi nomeado Rogers Fellow na Universidade Johns Hopkins, onde recibiu un doutoramento en latín en 1928,[2] despois de estudar baixo a dirección do famoso historiador antigo Tenney Frank (1876-1939).

Comezou a súa carreira docente no Victoria College de Toronto. Entre 1928 e 1965 traballou no Bryn Mawr College, despois no Amherst College, onde obtivo o rango de Full Professor en 1937.[3] Máis tarde exerceu, na cátedra doada por George L. Paddison, como profesor de latín na Universidade de Carolina do Norte, en Chapel Hill (1965-1971). Nesta universidade creou a Biblioteca de Epigrafía, que segue a ser un recurso fundamental.

Retirouse da UNC en 1971, cando contaba con 71 anos mais seguiu a traballar e asesor ao estudantado atçé que morreu en 1993.

Magistrates of the Roman Republic

[editar | editar a fonte]

A súa obra principal, The Magistrates of Roman Republic (comunmente abreviada MRR), publicada entre 1951 e 1986, en dous volumes e dous suplementos, é unha compilación en forma de lista ano a ano de tódolos maxistrados coñecidos durante a República romana, incluíndo non só as maxistraturas do cursus honorum de cónsul a cuestor, senón tamén promaxistraturas e mandos militares nas provincias, legados (tanto oficiais como ad hoc), militares. prefectos, sacerdocios e comisións especiais. Cada entrada está documentada con fontes antigas e obras seleccionadas de estudos modernos. No volume 2 aparece un índice polo nome, que enumera os cargos coñecidos de cada home.

En 1953 os maxistrados da República Romana foron recoñecidos cos premios ao mérito Charles J. Goodwin da American Philological Association.[4] Está considerada unha obra de referencia na historiografía da Antiga Roma.[5]

Recoñecementos e premios

[editar | editar a fonte]

A carreira de Broughton incluíu unha variedade de nomeamentos académicos e premios: profesor visitante na Universidade Johns Hopkins, Fellow na Simon F. Guggenheim Memorial Foundation, titular dunha bolsa de investigación Fulbright para Italia e profesor responsable da Escola de Estudos Clásicos da Academia Americana en Roma.

Broughton foi presidente da Asociación Filolóxica Americana[2] e vicepresidente da Federación Internacional de Sociedades de Estudos Clásicos durante 10 anos. Foi membro da American Philosophical Society, membro da Academia Americana de Artes e Ciencias, membro honorario da Sociedade para a Promoción de Estudos Romanos, membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán e membro correspondente da Academia Británica. Tres universidades concederonlle un premio doutor honoris causa: Universidade Johns Hopkins en 1969, Universidade de Toronto en 1971 e UNC en 1974.

Despois da morte de Broughton en setembro de 1993, organizouse un Coloquio para novembro de 1994 na Universidade de Carolina do Norte, en Chapel Hill, en homenaxe á súa memoria. Os traballos entregados nesta ocasión por eminentes eruditos, como T.P. Wiseman, Erich S. Gruen e Ernst Badian, formaron posteriormente a base do volume honorífico Imperium Sine Fine: T. Robert S. Broughton and the Roman Republic, editado por J. Linderski.[6]

  • 1929, The Romanization of Africa Proconsularis. Reeditada en 1968;[7]
  • 1934, Roman Landholding in Asia Minor. Transactions and Proceedings of the American Philological Association (TAPA) 65:207-239;[8]
  • 1936, Was Sallust fair to Cicero? Transactions and Proceedings of the American Philological Association (TAPA) 67:34-46;[9]
  • 1938, Roman Asia Minor, in Tenney Frank, An Economic Survey of Ancient Rome IV;
  • 1946, Notes on Roman Magistrates. I. The Command of M. Antonius in Cilicia. II. Lucullus' Commission and Pompey's Acta.Transactions and Proceedings of the American Philological Association (TAPA) 77:35-43;[10]
  • 1951-1968, The Magistrates of the Roman Republic;
  • 1991 Candidates Defeated in Roman Elections: some ancient Roman 'also-rans'. Transactions and Proceedings of the American Philological Association (TAPA) 81.4:1-64.[11]
  1. Asinaba os seus traballos como T. Robert S. Broughton.
  2. 2,0 2,1 The American Journal of Philology 1990.
  3. Linderski 1995, pp. 91.
  4. "List of Previous Goodwin Award Winners". classicalstudies.org (en inglés). 2023. Consultado o 8 de xaneiro de 2024. 
  5. Linderski 1995, pp. 93.
  6. Linderski, Jerzy, ed. (1996). Imperium Sine Fine: T. Robert S. Broughton and the Roman Republic (en inglés). Stuttgart: Franz Steiner Verlag. ISBN 9783515069489. 
  7. Broughton, T. Robert S. (1968). "The Romanization of Africa Proconsularis". books.google.es (en inglés). Greenwood Press. ISBN 9780837100302. Consultado o 8 de xaneiro de 2024. 
  8. Broughton, Thomas Robert Shannon (1934). The Johns Hopkins University Press, ed. "Roman Landholding in Asia Minor". Transactions and Proceedings of the American Philological Association (en inglés) (65): 207–239. ISSN 0065-9746. doi:10.2307/283029. 
  9. Broughton, T. R. S. (1936). "Was Sallust Fair to Cicero?". Transactions and Proceedings of the American Philological Association (en inglés) (67): 34–46. ISSN 0065-9746. doi:10.2307/283225. 
  10. Broughton, T. Robert S. (1946). "Notes on Roman Magistrates. I. The Command of M. Antonius in Cilicia. II. Lucullus' Commission and Pompey's Acta". Transactions and Proceedings of the American Philological Association (en inglés) (77): 35–43. ISSN 0065-9746. doi:10.2307/283441. 
  11. Broughton, T. Robert S. (1991). "Candidates Defeated in Roman Elections: Some Ancient Roman "Also-Rans"". Transactions of the American Philosophical Society (en inglés) 81 (4): 1–64. ISSN 0065-9746. doi:10.2307/1006532. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Kennedy, G. A. (1995). "T. Robert S. Broughton (17 de febreiro de 1900 - 17 de setembro de 1993)" (en inglés) 139 (1): pp. 74–76. 
  • Linderski, J. (1995). "Thomas Robert Shannon Broughton". Gnomon (en inglés) (Verlag C.H.Beck) 67 (1): 91–93. JSTOR 27691832. 
  • "This Issue of the Journal Is Dedicated to Thomas Robert Shannon Broughton" (en inglés) 111 (1). 1990. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]