Marco Mezquida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1987 (37 anos) Maó, España |
Educación | Escola Superior de Música de Catalunya |
Actividade | |
Ocupación | pianista, compositor, músico, improvisador |
Premios | |
| |
Sitio web | marcomezquida.com |
Marco Mezquida nado en Maó (Menorca) o 11 de marzo de 1987, é un pianista balear.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de dous profesores, ós sete anos comezou a estudar piano na escola municipal de Maó con Tomé Olives e Ricard Ramisa. Máis tarde estudou jazz, improvisación, piano clásico e órgano. Licenciouse no 2009 na Escola Superior de Música de Catalunya, na carreira de piano. Completou a súa formación asisitindo a seminarios e master class con músicos de prestixio coma Fred Hersch, Dave Kikoski, John Taylor, Wolfgang Hörlin ou Aaron Goldberg[1].
Dende moi novo posicionouse coma un músico valorado dentro do panorama do jazz e das músicas improvisadas.
Ten actuado nos auditorios e salas de máis prestixio do mundo. Ademais ten colaborado como acompañante de diversos artistas, bailaríns e solistas, coma por exemplo Lee Konitz ou Silvia Pérez Cruz.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Live at Palau de la Música (2018)
- Orrius Concert (2018)
- Ravel’s Dreams (2017)
- Live at Terrassa (2015)
- Amateur (2015)
- La hora fértil (2013)
Dúos
[editar | editar a fonte]- Conexión (2017) e No hay dos sin tres (2019) co guitarrista flamenco Juan Gómez ‘Chicuelo’
- Sings My Heart (2017) coa vocalista Juliane Heineman
- Live at Sunset (2017) co pianista Albert Bover
- Cantabile(2015) co saxofonista Bill McHenry.
- Two Lonely People (2011) e Llunátics (2015) coa vocalista Celeste Alías
- My Old Flame (2014) co contrabaixista Manel Fortiá
- Miscelánea (2011) co frautista Pablo Selnik
Tríos
[editar | editar a fonte]- MAP (2017) xunto a Ernesto Aurignac e Ramón Prats
- My Friend Marko (2013) xunto a Marko Lohikari e Carlos Falanga
Premios
[editar | editar a fonte]- Ciutat de Barcelona 2019
- Personaxe relevante da vida menorquina 2018
- Enderrock ó mellor disco de jazz 2017, por M A P[2]
- Altaveu 2015
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Marco Mezquida — Improvisacions i cançons", Palau de la música de Barcelona, 3 de agosto de 2020 (en catalán)