Marcos Vizcaya Retana
(1980) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1947 (77 anos) Gorliz, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
10 de novembro de 1982 – 15 de xullo de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
15 de marzo de 1979 – 18 de novembro de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
15 de xullo de 1977 – 15 de xullo de 1986 Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
7 de xullo de 1977 – 23 de marzo de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Biscaia Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Deputado | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito |
Lugar de traballo | Universidade de Deusto Madrid |
Ocupación | catedrático, avogado, director executivo, político |
Empregador | Universidade de Deusto |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Membro de |
Marcos Vizcaya Retana, nado en Gorliz en 1947, é un avogado, directivo e político vasco de ideoloxía nacionalista vasca.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito, foi profesor de dereito civil na Universidade de Deusto. No terreo político, é militante do Partido Nacionalista Vasco (EAJ-PNV), formación coa que obtivo o escano ó Congreso nas primeiras eleccións democráticas de 1977 tras a ditadura, e renovouno na I (1979-1982) e II Lexislatura (1982-1986). Durante o proceso de estabelecemento e consolidación da autonomía para o País Vasco, participou na redacción do Estatuto de Gernika e foi viceconselleiro adxunto ó lehendakari do Goberno Vasco, Carlos Garaikoetxea. Foi tamén colaborador habitual de Deia e La Gaceta del Norte.
En 1986, tras perder unhas eleccións internas no PNV, abandonou a actividade política pública e retomou o seu traballo como avogado e directivo.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enciclopedia Auñamendi (ed.). "Marcos Vizcaya Retana". Consultado o 28 de outubro de 2013.
- ↑ Congreso de los Diputados (ed.). "Ficha de Vizcaya Retana, Marcos". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2020. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ Díez, Anabel (15 de xullo de 1986). "Peces-Barba, Carrillo y Pío Cabanillas, entre los ausentes". elpais.com (en castelán). Consultado o 15-12-2019.