Estudou no IES Xunqueira I de Pontevedra, onde formou parte do grupo de teatro A Esmorga, dirixido pola profesora Belén Herrero Sinovas. Despois comezou o grao en Lengua y literatura españolas na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).[1]
Comezou moi novo a publicar artigos e fábulas no Diario de Pontevedra.[2] Tamén colaborou no Faro de Vigo e MUNDIARIO.[3] Foi creador e comisario do proxecto Ut pictura poiesis, conxunción entre poesía e arte como experiencia estética no marco da Biblioteca Pública de Pontevedra que relacionou as figuras de William Blake, Alejandra Pizarnik ou O Bosco.[4] Xunto con Tamara Andrés creou e dirixiu a revista Ligeia, na que coordinou a escolma de literatura latinoamericana.
Está considerado un dos escritores máis característicos e representativos da Xeración Z.[5]
Desagravio de la derrota (2015). Círculo Rojo.[7]ISBN 978-8491261599. Nove contos e un ensaio sobre os matices do fracaso.[8]
El llano circular (2017). Ediciones Urbina. Poemas[9] con maioría de hendecasílabos e alexandrinos, nos que traballa a busca dun camiño de contradicións, utopías, batallas, soños, memorias no tempo etc.[10]
Presentación de Metafísica da ausencia, Pontevedra, 03/02/2019, con Tamara Andrés e Silvia PenasMetafísica da ausencia (2019). Editora Urutau. Brasil. 56 páxs.[11] O profesor Israel Sanmartín di da obra: "Metafísica da ausencia é unha procura da ausencia que nace preñada por un anticristo que vén para asasinar toda presenza redentora e enclaustrala no esquecemento da historia".[12]