Marcus Stephen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1969 (55 anos) Nauru |
Presidente do Parlamento de Nauru | |
27 de agosto de 2019 – ← Cyril Buraman (en) | |
Member of the Parliament of Nauru (en) | |
agosto de 2019 – Lexislatura: Nauruan parliamentary term 2019-2022 (en) Circunscrición electoral: Anetan Constituency (en) Electo en: 2019 Nauruan parliamentary election (en) | |
11º Presidente de Nauru | |
19 de decembro de 2007 – 10 de novembro de 2011 ← Ludwig Scotty – Freddie Pitcher (pt) → | |
Ministro de Finanzas | |
agosto de 2004 – novembro de 2005 | |
Ministro de Finanzas | |
agosto de 2003 – marzo de 2004 | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto Real de Tecnologia de Melbourne (pt) |
Actividade | |
Ocupación | halterófilo, político |
Partido político | sen valor |
Deporte | halterofilia |
Participou en | |
2002 | Jogos da Commonwealth de 2002 (pt) |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
1994 | Jogos da Commonwealth de 1994 (pt) |
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 |
Familia | |
Pai | Lawrence Stephen |
Marcus Ajemada Stephen, nado no distrito de Anetan, o 1 de outubro de 1969, foi o presidente da República de Nauru entre decembro de 2007 e novembro de 2011. Actualmente desempéñase como presidente do Parlamento de Nauru. É tamén un antigo levantador de pesas de primeiro nivel. Fillo do tamén político Lawrence Stephen, estudou na St Bedes College e na RMIT University en Victoria, Australia. Xogou inicialmente ao fútbol australiano, mais logo dedicouse ao levantamento olímpico de pesos, co que representou a Nauru nos Xogos Olímpicos e nos Xogos da Commonwealth entre 1990 e 2002, gañando sete medallas nos da Commonwealth.
Tras o seu retiro do levantamento de pesas, Stephen traballou para o Banco de Nauru antes de ser elixido parlamentario nas eleccións de 2003. Ocupou varias carteiras do goberno nauruano baixo a presidencia de René Harris, mais logo Stephen xuraría como presidente tras unha moción de censura contra o seu predecesor, Ludwig Scotty. Así, o seu termo como presidente estivo marcado por denuncias de corrupción e acusacións de golpe de estado, así como a declaración do estado de emerxencia e unha suspensión do parlamente por parte de Corte Suprema de Nauru en 2008. Realizáronse dúas eleccións no 2010, en abril e en xuño, tras acusacións de subornos de membros do goberno do parlamento, con outro estado de emerxencia entre as mesmas. Stephen renunciou á presidencia de Nauru en novembro de 2011, tras máis acusacións de corrupción dadas pola oposición, sendo sucedido por Freddie Pitcher, mais volvendo despois ao Cabinet nauruano en xuño de 2012 para o sucesor de Pitcher como presidente, Sprent Dabwido. O 27 de agosto de 2019, Stephen foi elixido presidente do Parlamento durante a súa sesión inaugural.
Traxectoria deportiva
[editar | editar a fonte]Ao principio, xogou para o equipo local de fútbol australiano "os Ases", pero optou por seguir coa halterofilia como deporte. En 1989 fundouse a Federación de Levantamento de Pesas do Nauru (NWF), principalmente para dar a Stephen, o único pesista de primeiro nivel en Nauru nese momento, a oportunidade de competir internacionalmente.
En 1992 participou nos seus primeiros Xogos Olímpicos, en Barcelona. Para iso tivo que solicitar a nacionalidade samoana xa que Nauru non tiña Comité Olímpico de seu neses momentos. A partir de 1993, ao fundarse o comité, puido participar co seu país nas seguintes olimpíadas: Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e os Xogos Olímpicos de Sidney 2000. Nos xogos de Sidney foi portador do facho olímpico ao seu paso por Nauru.
Nos Xogos da Commonwealth de 1990 sorprendentemente gañou unha medalla de ouro no arranque na categoría de até 60 kg. Nos Xogos da Commonwealth de 1998 e na categoría de até 62 kg el recolleu tres medallas de ouro. Nos seus últimos Xogos, os de 2002 en Manchester obtivo tres medallas de prata na división até 62 kg.
O seu maior logro foi ser subcampión mundial de envión no evento disputado en Atenas en 1999, tamén na categoría até 62 kg.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Desde 1997 foi o Tesoureiro do Comité Olímpico de Nauru. O 3 de maio de 2003 Stephen foi elixido ao Parlamento do Nauru cunha conta dun pouco máis de 215 puntos, alcanzando a primeira colocación en Ewa e o distrito electoral Anetan. Durante a presidencia de René Harri Stephen foi Ministro de Educación e Ministro de Finanzas de Nauru (do 8 de agosto de 2003 ao 22 de xuño de 2004), un posto que tivo que abandonar cando Ludwig Scotty converteuse no novo presidente. En outubro de 2004, foi reelixido parlamentario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcus Stephen |
- Biografía oficial na páxina web do Parlamente de Nauru (en inglés)
- President Stephen's address to the United Nations General Assembly on 24 September 2008
- Stephen: "Countries Least Responsible for Climate Change are Most Threatened by It" - video report by Democracy Now!
- A Sinking Feeling; Why is the president of the tiny Pacific island nation of Nauru so concerned about climate change? by Marcus Stephen in The New York Times Upfront November 2011