Saltar ao contido

Sprent Dabwido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSprent Dabwido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata
Yaren, Nauru Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 2019 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Armidale, Australia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortenasopharynx carcinoma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
13º Presidente de Nauru
15 de novembro de 2011 – 11 de xuño de 2013
← Freddie Pitcher (pt) TraducirBaron Waqa → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, halterófilo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNauru First (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportehalterofilia Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Dabwido-1

Sprent Jared Dabwido, nado en Nauru o 16 de setembro de 1972 e finado en Armidale, Nova Gales do Sur, o 8 de maio de 2019, foi un político nauruano, presidente de Nauru desde o 15 de novembro de 2011 até o 11 de xuño de 2013.[1]

Era o segundo fillo do exparlamentario Audi Dabwido, quen traballara no primeiro Parlamento de Nauru de 1968.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi elixido como parlamentario nas eleccións xerais de 2004, derrotando a Nimrod Botelanga para gañar as eleccións de Meneng. Reelixido posteriormente en 2007 e 2008, foi membro da facción parlamentaria de Marcus Stephen, e nomeado ministro de Telecomunicacións no goberno de Stephen. Anunciou a introdución dos teléfonos móbiles en Nauru en 2009.

Stephen dimitiu de presidento o 10 de novembro de 2011 e foi substituído por Freddie Pitcher. Na reunión do parlamento do 15 de novembro Dabwido anunciou que se unía á oposición. Presentou unha moción de censura contra Freddie Pitcher, que prosperou, sendo elixido presidente por nove votos a favor e oito en contra.[2]

Dabwido non se presentou á reelección, e foi substituído por Baron Waqa tras as eleccións parlamentarias de 2013.[3]

  1. Armbruster, Stefan (8 de maio de 2019). "Former Nauru president Sprent Dabwido dies aged 46". SBS News (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2019. 
  2. The changing faces of Nauru's leadership crisis Brisbane Times. 19 de novembro de 2011. Consultado o 11 xuño de 2012.
  3. https://archive.today/20130616004001/au.news.yahoo.com/latest/a/-/latest/17554592/baron-waqa-named-as-new-nauru-president/