Saltar ao contido

Baron Waqa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBaron Waqa

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1959 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Boe, Nauru Editar o valor en Wikidata
14º Presidente de Nauru
11 de xuño de 2013 – 27 de agosto de 2019
← Sprent DabwidoLionel Aingimea → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do Pacífico Sur
Universidade de Monash Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, compositor Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: naurubwiema Musicbrainz: ad6f01ad-e48b-4065-be6c-0f2a07c5abf1 Editar o valor en Wikidata

Barón Divavesi Waqa (pronunciación: /bæˈrɒn dɪvəveɪˈsiː wɑːˈkɑː/), nado en Boe o 31 de decembro de 1959, é un político nauruano, presidente do seu país dende o 11 de xuño de 2013 ata o 27 de agosto de 2019.

Anteriormente ocupou o cargo de Ministro de Educación de 2004 a 2007.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Foi elixido como membro do Parlamento de Nauru nas eleccións de maio de 2003 representando a circunscrición electoral de Boe. Baixo o goberno de Ludwig Scotty ocupou o cargo de Ministro do Interior e de Educación durante pouco máis de dous meses ata que Scotty foi substituído por René Harris. Mantivo o seu escano no Parlamento.

O 23 de abril de 2004 Waqa e os seus compañeiros Kieren Keke, David Adeang e Fabian Ribauw participaron nunhas protestas no Aeroporto Internacional de Nauru en Yaren; trataban de mostrar o seu desacordo respecto ás política do goberno contra os solicitantes de asilo afgáns en Australia e contra a Flotilla da Esperanza, así como o estado de punto morto no que se atopaba o Parlamento. Os catro políticos enfrontáronse a cargos de até catorce anos en prisión debido á súa participación na protesta; aínda que finalmente os cargos foron retirados tras a volta de Scotty á presidencia o xuño seguinte. Scotty volveu nomear a Waqa Ministro de Educación.[1]

Waqa ficou leal á súa administración durante a crise ministerial que ocorreu en 2007. Como consecuencia, non foi convidado a formar parte do seguinte goberno, encabezado por Marcus Stephen.

Waqa foi elixido presidente de Nauru en xuño de 2013 derrotando, ao anteriormente Ministro de Economía e candidato de oposición, Roland Kun por 13 votos a 5.[2][3]

En xaneiro de 2014 superou unha moción de censura, presentada despois de que Peter Law, australiano e único maxistrado residente no país, fose deportado, e de que o xuíz supremo, tamén australiano, Geoffrey Eames, vise como lle retiraban a visa tras intentar anular a deportación de Law.[4] O goberno tamén intentou redactar unha lei sobre o estado de emerxencia coa axuda de avogados de Fidxi.[5] Despois da destitución da avogada parlamentaria Katy Le Roy e da posterior dimisión do fiscal xeral Steven Bliim, ambos australianos. A ministra do Interior, Charmaine Scotty, dixo que este era sintomático dun "sistema de enchufismo" operado por expatriados australianos que segundo el estaban aliados coa oposición.[6]

Nas eleccións parlamentarias de Nauru de 2019 celebradas o 24 de agosto, perdeu o seu escano no Parlamento polo que tamén perdeu as opcións de ser reelixido como presidente.[7] Dous días despois, Lionel Aingimea foi elixido como o seu sucesor na presidencia.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado con Louisa Waqa.[9]

  1. "Novo presidente en Nauru" (en inglés). 22 de xuño de 2004. Consultado o 14 de maio de 2015. 
  2. "Baron Waqa, novo presidente de Nauru" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  3. "Waka, elixido novo presidente de Nauru". Consultado o 14 de maio de 2018. 
  4. "Nauru deporta ao seu único maxistrado e impide ao xuíz supremo entrar no país" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2018. 
  5. "Nauruan government drafting law to impose emergency rule" (en inglés). 31 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  6. "Aussies out!" (en inglés). 1 de febreiro de 2014. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  7. "Nauru President Baron Waqa loses bid for re-election" (en inglés). 25 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  8. "Nauru's Parliament elects former human rights lawyer Lionel Aingimea as President" (en inglés). 27 de agosto de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2019. 
  9. "O presidente de Fidxi en visita oficial en Nauru" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2018. Consultado o 14 de maio de 2018.