Saltar ao contido

Marea Atlántica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marea Atlántica
Iniciativa cidadá
Dirixentes e organización
LíderXan Xove
Historia
Fundación22 de xullo de 2014
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Democracia participativa
Nacionalismo galego
Socialdemocracia
Representación
Concelleiros na Coruña
0 / 27
[1]
Outros datos
Publicaciónoquince.gal
Na rede
mareatlantica.org
Facebook: mareAtlantica Twitter: mareatlantica Youtube: UCale4zyfvMInpQid4aSgRlw Editar o valor en Wikidata

Marea Atlántica é un movemento cidadán e político de esquerdas creado na cidade da Coruña cuxo primeiro obxectivo foi construír unha proposta política de converxencia de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.

Gobernou en solitario o concello da Coruña entre xuño de 2015 e xuño de 2019, con Xulio Ferreiro como alcalde[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Xulio Ferreiro.

A súa presentación formal como movemento celebrouse o 22 de xullo de 2014.[3] O 26 de setembro, o seu manifesto conseguiu 2.500 sinaturas, unha condición que se marcara para continuar adiante co proceso de conformar unha candidatura unitaria.[4]

O profesor de dereito da Universidade da Coruña, Xulio Ferreiro, foi o candidato da Marea Atlántica nas eleccións municipais de maio de 2015[5]. No movemento participan diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova, Compromiso por Galicia, Podemos ou Equo.[6]

O 12 de marzo de 2015 foi inscrita no Rexistro de Partidos Políticos baixo as siglas MAREA[7].

No primeiro reconto de votos tras as eleccións foi a forza máis votada, con 36.842 votos fronte a 36.838 do PP, ambos os dous co 30,89% dos votos e 10 concelleiros[8]. Unha semana despois, a Xunta Electoral decidiu dar por válidos algúns dos votos reclamados dando como resultado final 36.885 votos ao PP fronte a 36.857 da Marea, co mesmo repartimento de concelleiros[9].

Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019, a Marea Atlántica gobernou en solitario a cidade da Coruña. Xulio Ferreiro foi nomeado alcalde co apoio dos votos de PSdeG-PSOE e BNG[2]. Na seguinte lexislatura non puido repetir os resultados e pasou a ser a terceira forza do concello, a segunda de esquerdas por detrás do PSdeG.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Na súa primeira participación nuns comicios municipais en 2015 conseguiu un total de 10 concelleiros, os mesmos que o Partido Popular, o que lle permitiu o acceso ao goberno local. Marea Atlántica entrou tamén na Deputación da Coruña con tres deputados provinciais.[10] Nas eleccións municipais de 2019 conseguiu seis escanos acadando a alcaldía da cidade o PSOE.[1] Os discretos resultados motivaron o abandono da corporación do exalcalde Xulio Ferreiro.[11]

No mes de xullo de 2020, trinta e un simpatizantes e militantes, entre eles os exconcelleiros Rocío Fraga, María Eugenia Vieito e José Manuel Sande presentaron unha "Carta aberta á REDE da Marea Atlántica" que sinalaba que na organización "non houbo autocrítica despois das eleccións municipais de 2019".[12] En setembro deses mesmo ano, un dos concelleiros da grupo municipal, Xiao Varela, dimitiu tamén do seu cargo.[13] A súa decisión deu paso á seguinte candidata na listaxe electoral, Isabel Faraldo. Esta nova concelleira decidiu non integrarse no grupo político da marea, optando polo seu paso ao grupo mixto.[14]

En abril do 2022 os cinco concelleiros restantes da Marea Atlántica anunciaron a renuncia a presentarse como candidatos nas eleccións municipais de 2023.[15]

Ano Candidato Representantes Porcentaxe Diferenza Votos Porcentaxe Diferenza
2023 Xan Xove
2019 Xulio Ferreiro 6 concelleiros[1] 22,22% 4 25 290[1] 20,23%[1] 11 567
2015 Xulio Ferreiro 10 concelleiros 30,88% 10 36 857 30,88% 36 857
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Resultados electorais municipais 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 01 de xuño de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Ferreiro e a Marea rebordan ilusión na súa investidura: "A praza entrou no pazo" praza.gal, 13/06/2015.
  3. "La Marea Atlántica sigue subiendo en A Coruña". 22 de xullo de 2014. Consultado o 27 de setembro de 2014. 
  4. Pardo, Miguel (26 de setembro de 2014). "A Marea Atlántica acada os apoios que avalan o seu camiño cara a confluencia". Consultado o 27 de setembro de 2014. 
  5. A, D. "Xulio Ferreiro será o candidato de Marea Atlántica nas municipais". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  6. "Os partidos tan só ocupan a metade de postos na candidatura da Marea Atlántica" Praza Pública
  7. Rexistro de Partidos Políticos Páxina web do Ministerio do Interior. Consultado o 31 de xullo de 2015.
  8. A Marea Atlántica gana as eleccións do 24M na Coruña por catro votos www.lavozdegalicia.es, 25/05/2015.
  9. El PP gana las elecciones por una diferencia de 28 votos sobre Marea Atlántica www.elidealgallego.com, 30/05/2015 (en castelán)
  10. "Constituida la Diputación de A Coruña con presidencia socialista". El País (en castelán). 16 de xullo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2019. 
  11. "Marcha Xulio Ferreiro: "A Coruña é hoxe mellor que hai catro anos"". Praza Pública. 2019-05-29. Consultado o 2022-04-26. 
  12. "Carta íntegra del sector crítico de la Marea Atlántica: «Un ciclo que semella morto», pero «non está enterrado»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-07-30. Consultado o 2023-02-13. 
  13. Ferreiro, Xacobe. "Xiao Varela dimite como concelleiro na Coruña". Nós Diario. Consultado o 2022-04-25. 
  14. "Podemos racha na Coruña co grupo da Marea Atlántica, que acusa a súa edil de "tránsfuga"". Praza Pública. 2020-10-07. Consultado o 2022-04-25. 
  15. Ferreiro, Xacobe. "Que está pasando na Marea Atlántica da Coruña?". Nós Diario. Consultado o 2022-04-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]