Saltar ao contido

Rocío Fraga Sáenz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRocío Fraga Sáenz
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata

Rocío Fraga Sáenz, nada na Coruña en 1976[1] é unha socióloga e política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña, experta en Investigación e Acción Participativa, así como en Igualdade e Emprego.

Estivo vinculada a diferentes movementos sociais, desde o ecoloxismo, o estudantil ou o feminismo. Concorreu como número 7 nas listas de Esquerda de Galicia - Os Verdes ás eleccións municipais de 1999 para a cidade da Coruña.[2]

Após as eleccións municipais de 2015 saíu elixida concelleira pola Marea Atlántica e foi nomeada responsábel de Igualdade e Diversidade. Foi tamén deputada provincial[1]. Nas municipais de 2019 non volveu a concorrer na candidatura de Marea Atlántica[3] e abandonou as súas responsabilidades políticas ó final do mandato.

  1. 1,0 1,1 "Biografía de Rocío Fraga Sáenz" (PDF). Deputación Provincial da Coruña. 
  2. "Candidaturas por A Coruña". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 2017-06-25. 
  3. Rocío Fraga, baja en la lista de Marea Atlántica en mayo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]