Saltar ao contido

Marea Veciñal de Culleredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marea Veciñal de Culleredo
Plataforma política municipal
Dirixentes e organización
LíderJosé Juan Santos (portavoz do grupo municipal), Miguel Vilaboi Ramil (portavoz do partido político)
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaMunicipalismo
Galeguismo
Esquerda política
Representación
Concelleiros en Culleredo
0 / 21
Na rede
http://mareaveciñalculleredo.eu
Facebook: MVdeCulleredo Editar o valor en Wikidata

Marea Veciñal de Culleredo (MVC) é un movemento cidadán e político creado no concello de Culleredo que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015, na que obtivo 3 concelleiros.

Tras un proceso de primarias abertas[1] saíu elixida a seguinte candidatura[2]: Encabezou a lista José Juan Santos[3], ex-membro orgánico do PSOE de Culleredo que abandonou a militancia dous anos antes da formación da MVC. A número 2, Marta Leiro Novo, ex secretaria da Asociación de Veciños Río Trabe, e o número 3 da lista foi Isidro Taibo[4], ex-concelleiro do BNG e que exerceu como concelleiro de turismo até a ruptura do pacto co PSOE, dous anos antes da súa incorporación a MVC.

En decembro de 2015 Marta Leiro Novo[5] dimitiu por motivos persoais, entrando como concelleira Verónica Rivadulla Deschamps. Posteriormente esta concelleira, a pesar de ser un tema debatido e acordado en asemblea, abandonou o grupo municipal sen deixar a súa acta[6], alegando non estar de acordo co apoio que se ía a dar aos orzamentos municipais[7]. Tras ser declarada no concello como tránsfuga[8], o grupo municipal da Marea Veciñal de Culleredo pasa a estar formado por dous concelleiros.

Nas Eleccións municipais de 2019 MVC perdeu a representación na coorporación municipal, obtendo só 694 votos, o 4,91% do total.

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]
Eleccións Votos % Concelleiro(s)
Eleccións municipais de 2015 1668 12,58%
3 / 21
Eleccións municipais de 2019 694 4,91%
0 / 21
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2015. Consultado o 27 de maio de 2015. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 26 de maio de 2015. 
  3. José Juan Santos, candidato da Marea Veciñal.
  4. El ex número dos del BNG de Culleredo, tercero en la candidatura de Marea Veciñal.
  5. "Verónica Rivadulla, concelleira da Marea en Culleredo: "As empresas ten que se adaptar ao ben común, e non ao revés" - La Duda". laduda.net (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 2017-03-04. 
  6. Coruña, La Opinión de A. "Marea exige el acta a Rivadulla y la edil acusa a la formación de "traicionar" a los votantes". Consultado o 2017-03-05. 
  7. "Acordo MVC - PSOE Orzamentos 2017". www.facebook.com. Consultado o 2017-03-05. 
  8. "La Marea de Culleredo invita a irse a su edila díscola". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-01-25. Consultado o 2017-03-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]