Marem Ladson
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Marem Isabel Ladson Bugallo 18 de outubro de 1997 (27 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2016 - |
Marem Isabel Ladson Bugallo, nada o 18 de outubro de 1997 en Ourense,[1] é unha cantante e compositora galega-estadounidense máis coñecida como Marem Ladson.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla dunha xornalista e profesora ourensá e do xogador de baloncesto neoiorquino Willie Ladson, que xogou no Club Ourense Baloncesto.[2] Comezou a escribir cancións e a tocar a guitarra con 9 anos e con 15 mudouse de Ourense para vivir en Houston, en Texas.[3] Posteriormente regresou a Ourense e marchou a Madrid para estudar Relacións Internacionais.[3] En 2017 acadou recoñecemento profesional grazas ao seu primeiro sinxelo "All My Storms".[4] En maio de 2018 lanzou o seu primeiro álbum de estudio titulado Marem Ladson.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Marem Ladson (2018, Mont Ventoux)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jiménez Foronda, Sergio (6 de xaneiro de 2019). "Marem Ladson pide un panorama máis actual". Faro de Vigo. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ lafonoteca.net (ed.). "Marem Ladson". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Sixto, Laura (17 de decembro de 2018). balea.gal, ed. "Marem Ladson, unha artista millenial cunha música que busca facer universal". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ cultura.gal (ed.). "Marem Ladson". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2020.
- ↑ mntventoux.com (ed.). "Marem Ladson". Consultado o 14 de febreiro de 2020.