Saltar ao contido

Margaret Dumont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMargaret Dumont

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de marzo de 1965 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChapel of the Pines Crematory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, cantante de ópera, actriz de teatro, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1902 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0241669 Allocine: 1947 Allmovie: p20505 IBDB: 38663
BNE: XX1692180 Discogs: 2131734 WikiTree: Baker-52238 Find a Grave: 8775 Editar o valor en Wikidata

Daisy Juliette Baker, nada en Nova York o 20 de outubro de 1882 e finada en Hollywood o 6 de marzo de 1965,[1][2][3] foi unha actriz estadounidense de teatro e cinema, coñecida como Margaret Dumont. É especialmente recordada como o contrapunto cómico aos irmáns Marx en sete dos seus filmes; Groucho Marx dixo que ela era "practicamente o quinto irmán Marx".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dumont naceu en Brooklyn, Nova York, filla de William e Harriet Anna (de solteira Harvey) Baker.[1] A súa nai era profesora de música e animou a que a súa filla tivese unha carreira como cantante desde moi nova.[4]

Dumont formouse como cantante de ópera e actriz na súa adolescencia, actuando en teatros dos Estados Unidos e Europa, primeiro co nome de Daisy Dumont e posteriormente como Margaret (ou Marguerite, tradución ao francés de Daisy) Dumont. Debutou no teatro con Sleeping Beauty and the Beast no Chestnut Theater de Philadelphia; en agosto de 1902, dous meses antes de facer vinte anos, apareceu como cantante e cómica nun vaudeville de Atlantic City. Descrita por un crítico como unha "beleza escultural", chamou a atención máis adiante polo seu talento vocal e cómico en The Girl Behind the Counter (1908), The Belle of Brittany (1909) e The Summer Widower (1910).[5]

En 1910, casou co millonario herdeiro do azucre e industrial John Moller Jr e retirouse dos escenarios, aínda que tivo un pequeno papel sen acreditar como unha aristócrata nunha adaptación de 1917 de A Tale of Two Cities.[6] O matrimonio non tivo fillos, e trala morte do seu marido na pandemia de gripe de 1918, Dumont volveu de mala gana a Broadway e axiña logrou unha gran reputación en comedias musicais.[5] Dumont nunca volveu casar. A súa carreira teatral incluíu papeis en comedias musicais e obras como The Fan (1921), Go Easy, Mabel (1922), The Rise of Rosie O'Reilly (1923/24) e The Fourflusher (1925).[7] En 1923 tivo un papel non acreditado no filme Enemies of Women.

En 1925, o produtor teatral Sam H. Harris recomendou a Dumont aos irmáns Marx e ao guionista George S. Kaufman para o papel da abafada rica viúva Mrs. Potter na produción teatral dos Marx de The Cocoanuts.[6] No seu seguinte espectáculo, Animal Crackers, estreado en outubro de 1928, Dumont volveu ser contratada como Mrs. Rittenhouse, outra viúva rica da alta sociedade. Posteriormente apareceu cos Marx nas versións cinematográficas das dúas comedias. Nos filmes do Marx invariablemente interpretou viúvas ricas ás que Groucho alternativamente insultaba e facía as beiras polos seus cartos.

O seu papel como a hipocondríaca Mrs. Upjohn en A Day at the Races valeulle un premio á mellor actriz secundaria do Screen Actors Guild; a crítica cinematográfica Cecilia Ager suxeriu que había que erixir un monumento en honra da coraxe e firmeza de Dumont perante as travesuras do irmáns Marx.[8] Groucho dixo unha vez que a causa da súa frecuente presenza nos seus filmes moita xente cría que estaban casados na vida real.

Dumont apareceu en total en 57 filmes. Tamén fixo algunha aparición na televisión, como unha personaxe convidade con Estelle Winwood en The Donna Reed Show no episodio "Miss Lovelace Comes to Tea" (1959). O seu derradeiro papel cinematográfico foi o de nai de Shirley MacLaine en What a Way to Go! (1964). O 26 de febreiro de 1965, oito días antes do seu pasamento apareceu no programa de televisión The Hollywood Palace, onde volveu reunirse con Groucho, o convidado desa semana. Interpretaron xuntos material da escena introdutoria de Animal Crackers, incluída a canción "Hooray for Captain Spaulding." O programa gravado emitiuse o 17 de abril dese ano.[9]

Margaret Dumont faleceu dun ataque ao corazón o 6 de marzo de 1965. Foi incinerada e as súas cinzas foron enterradas na capela do crematorio Pines dos Ánxeles.[10] Tiña 82 anos, aínda que algúns obituarios indicaban que a súa idade era de 75.[11] En 2023 os seus restos foron trasladados da cripta non pública a un nicho accesible no columbario da capela.[12]

Filmografía parcial

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 International Genealogical Index records, derived from Brooklyn birth certificates, 1866-1909 Department of Health
  2. "Chronology - The Marx Brothers". marx-brothers.org. 
  3. Moitas fontes, incluíndo obituarios, dan incorrectamente o ano de nacemento de Dumont como 1889 ou 1890.
  4. Basinger, Jeanine. "'Straight Lady' Review: Margaret Dumont, the 'Fifth Marx Brother'". WSJ. Consultado o 26 de novembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Louvish, Simon (8 de xuño de 2000). Monkey Business: The Lives and Legends of The Marx Brothers: Simon Louvish: 9780312252922: Amazon.com: Books. Macmillan. ISBN 0312252927. 
  6. 6,0 6,1 "Scene Stealers: Margaret Dumont". Classic Movie Blog. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. 
  7. The Broadway League. "Margaret Dumont - IBDB: The official source for Broadway Information IBDB: The official source for Broadway Information". ibdb.com. 
  8. Erickson, Hal. "Margaret Dumont - Biography, Movie Highlights and Photos - AllMovie". AllMovie. 
  9. Thomas, Bob (11 de marzo de 1965). "Passing of Hollywood Grande Dame". The (Mount Vernon, Illinois) Register News: 5. 
  10. Wilson, Scott (2016). Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons. McFarland. p. 211. ISBN 9781476625997. Consultado o 30 de xullo de 2023. 
  11. "Margaret Dumont Dies At 75; Acted in Marx Brothers Films". The New York Times. United Press International. 7 de marzo de 1965. p. 83. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  12. "OPENING THE VAULT: The Story of Chapel of the Pines". You Tube. 30 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chris Enss and Howard Kazanjian: Straight lady : the life and times of Margaret Dumont, "the fifth Marx Brother"; foreword by Vicki Lawrence, Guilford, Connecticut : Lyons Press, 2022, ISBN 978-1-4930-6040-5