Margaret Rutherford
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Margaret Taylor Rutherford 11 de maio de 1892 Londres, Reino Unido |
Morte | 22 de maio de 1972 (80 anos) Chalfont St Peter (Reino Unido) |
Causa da morte | alzhéimer |
Educación | Royal Academy of Dramatic Art Wimbledon High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de xénero, actriz de teatro, actriz de cinema |
Período de actividade | 1925 - |
Familia | |
Cónxuxe | Stringer Davis (1945–1972) |
Pai | William Rutherford Benn |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | A Historical Dictionary of British Women, (p.379) |
|
Dame Margaret Taylor Rutherford, nada en Londres o 11 de maio de 1892 e finada en Chalfon St Peter (Buckinghamshire) o 22 de maio de 1972 foi unha actriz inglesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rutherford foi a única filla de William Rutherford Benn (que tivo problemas mentais e tivo que ser hospitalizado) e a súa segunda muller, Florence Nicholson. Cando era nena mudouse cos seus pais á India, volvendo aos tres anos para vivir coa súa tía Bessie Nicholson, despois de que a súa nai se suicidase cando estaba embarazada.[1]
Traballou como mestra de elocuencia para logo pasar á interpretación, debutando no teatro en 1925, xa con trinta e tres anos. Polo seu aspecto pronto se especializou na comedia. O seu talento foi recoñecido en 1939 na obra The Importance of Being Earnest, de Oscar Wilde. Aínda que o seu primeiro papel cinematográfico foi en 1936, foi a partir de Blithe Spirit (1945), de David Lean, que se converteu nunha actriz de éxito na pantalla. En 1963 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria pola súa personaxe da duquesa de Brighton en The V.I.P.s.
A principios da década de 1960 interpretou a Miss Marple nunha serie de catro filmes baseados libremente en novelas de Agatha Christie. Rutherford insistiu en levar a súa propia roupa e que o seu home aparecese tamén. Christie dedicoulle en 1963 a súa novela The Mirror Crack'd: "A Margaret Rutherford, con admiración".[2] Porén, a escritora non aprobou que a comicidade da personaxe de Marple nin a falta de fidelidade aos seus libros.
Ao final da súa vida Rutherford sufriu alzhéimer.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1936 | Talk of the Devil |
1936 | Dusty Ermine |
1936 | Troubled Waters |
1937 | Missing, Believed Married |
1937 | Catch as Catch Can |
1937 | Big Fella |
1937 | Beauty and the Barge |
1941 | Spring Meeting |
1941 | Quiet Wedding |
1943 | Yellow Canary |
1943 | The Demi-Paradise |
1944 | English Without Tears |
1945 | Blithe Spirit |
1947 | While the Sun Shines |
1947 | Meet Me at Dawn |
1948 | Miranda |
1949 | Passport to Pimlico |
1950 | The Happiest Days of Your Life |
1950 | Quel bandito sono io |
1951 | The Magic Box |
1952 | Curtain Up |
1952 | Miss Robin Hood |
1952 | The Importance of Being Earnest |
1952 | Castle in the Air |
1953 | Innocents in Paris |
1953 | Trouble in Store |
1954 | The Runaway Bus |
1954 | Mad About Men |
1954 | Aunt Clara |
1955 | An Alligator Named Daisy |
1957 | The Smallest Show on Earth |
1957 | Just My Luck |
1959 | I'm All Right Jack |
1961 | On the Double |
1961 | Murder, She Said |
1963 | Murder at the Gallop |
1963 | The Mouse on the Moon |
1963 | The V.I.P.s |
1964 | Murder Most Foul |
1964 | Murder Ahoy! |
1965 | Badaladas a medianoite |
1965 | The Alphabet Murders |
1967 | A Countess from Hong Kong |
1967 | Arabella |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billington, Michael (2001). Oxford University Press, ed. Stage and Screen Lives. p. 291. ISBN 978-0-19-860407-5.
- ↑ "To Margaret Rutherford in admiration"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rutherford, Margaret, as told to Gwen Robyns. Margaret Rutherford: An Autobiography. W. H. Allen, Londres. 1972.
- Simmons, Dawn Langley. Margaret Rutherford. A Blithe Spirit. Londres, 1983.
- Merriman, Andy, Margaret Rutherford: Dreadnought with Good Manners. Londres, Aurum Press. 2009. ISBN 978-1-84513-445-7