Marian Jaworski
Marian Franciszek Jaworski (en ucraíno: Мар'ян Францішек Яворський), nado o 21 de setembro de 1926 en Lwów (Polonia) e finado o 5 de setembro de 2020, foi un eclesiástico católico latino, arcebispo de Lviv dos Latinos dende 1991 até 2008, e cardeal dende 1998.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marian Jaworski naceu o 21 de agosto de 1926 en Lwów, entón parte da Segunda República de Polonia (hoxe Lviv, Ucraína).[1] Logo rematar a secundaria en 1945, entrou no seminario maior de Lviv, e posteriormente estudou en Kalwaria Zebrzydowska.[1] O 25 de xuño de 1950 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Eugeniusz Baziak.[1] Doutorouse en 1952 en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica de Cracovia,[1] e en 1955 en Filosofía pola Universidade Católica de Lublin.[1]
O 21 de maio de 1984 foi nomeado administrador apostólico de Lviv e bispo titular de Lambaesis.[1] Recibiu a consagración episcopal na catedral de Cracovia o 23 de xuño, de mans do arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.[1] O 16 de xaneiro de 1991 foi nomeado arcebispo de Lviv.
No consistorio do 21 de febreiro de 1998 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal in pectore.[1] No seguinte consistorio, en 2001, o papa revelou o seu nome, co título de cardeal-presbítero de San Sisto.[1]
Retirouse como arcebispo de Lviv o 21 de outubro de 2008.[1] Finou o 5 de setembro de 2020.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Arystotelesowska i tomistyczna teoria przyczny sprawczejnatle pojęcia bytu. Tow. Naukowe Kotolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. 1958.
- Religijne poznanie Boga według Romano Guardiniego. Studium analityczno-krytyczne. Akademia Teologii Katolickiej (Warszawa). 1967.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Bräuer, Martin (2014). Handbuch der Kardinäle: 1846-2012 (en alemán). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. pp. 589–590. ISBN 9783110269475.
- ↑ "Nie żyje kardynał Marian Jaworski. Miał 94 lata". Onet Wiadomości (en polaco). 5 de setembro de 2020. Consultado o 6/09/2020.
- Nados en 1926
- Nados en Lviv
- Finados en 2020
- Arcebispos católicos de Ucraína
- Cardeais creados por Xoán Paulo II
- Cardeais de Ucraína
- Alumnos da Universidade Iaguelónica de Cracovia
- Alumnos da Universidade Católica de Lublin
- Escritores de Ucraína
- Escritores en lingua polaca
- Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia
- Arcebispos da Igrexa católica latina