Marie Jonet
Marie Jonet ("Madame Dugès") | |
Nome orixinal | Marie Jonet Dugès |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1730 |
Morte | 1797 |
País de nacionalidade | francesa |
Actividade | |
Ocupación | comadroa |
Familia | |
Cónxuxe | Louis Delzescauts-Dugès |
Fillos | Marie-Louise Lachapelle |
Parentes | Antoine Louis Dugès, neto |
Marie Jonet Dugès, nada en 1730 e finada en 1797, foi unha comadroa francesa.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]Marie Jonet Dugès era filla dunha parteira, pero o nome da súa nai non se conservou. Coñécese xeralmente co nome de "Madame Dugès", porque o seu marido era Louis Delzescauts-Dugès, un funcionario de saúde, quen lle transmitiu coñecementos.
Desde pequena, a filla foi unha compañeira constante e axudou á súa nai nos partos, que lle ensinou todo o que sabía sobre esta profesión.[2]
Carreira
[editar | editar a fonte]Jonet Dugès foi primeiro comadroa xurada ("sage-femme jurée") no Hospital de Chatelet.[3]
Máis tarde, en 1775, foi ascendida ao cargo de matrona xefa do Hôtel-Dieu de París.[3]
Desempeñou as súas funcións con tal celo, habilidade e fidelidade que, cando se xubilou, o goberno concedeulle unha pensión vitalicia.[3]
Legado
[editar | editar a fonte]Marie Jonet Dugès é recordada como unha das matronas máis importantes vinculadas ao Hôtel-Dieu, e pola súa mellora na partaría francesa.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stanley, Autumn (1993): Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology. Metuchen, Nova Jersey: Scarecrow. ISBN 0-8108-2586-4, p. 234.
- ↑ Ogilvie, Marilyn & Harvey, Joy (2000): The biographical dictionary of women in science: pioneering lives from ancient times to the mid-20th century. Nova York: Routledge. ISBN 978-0-4159-2040-7, p. 731.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Buck, Albert Henry (1920): The dawn of modern medicine. New Haven, Connecticut: Yale University Press. p. 256.
- ↑ van Teijlingen, Edwin, ed. (2000): Midwifery and the medicalization of childbirth: comparative perspectives. Huntington, Nova York: Nova Science Publishers. ISBN 978-1-5607-2680-7, p. 87.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aloïs Delacoux (1833): "Marie Jonet", en Biographies des sages-femmes célèbres anciennes, modernes et contemporaines. París: Trinquart.