Antoine Louis Dugès
Nome orixinal | Antoine-Louis Delzescauts-Dugès [1] |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de decembro de 1797 Charleville-Mézières, Francia |
Morte | 1 de maio de 1838 (40 anos) Montpellier, Francia |
Decano | |
1836 – | |
Datos persoais | |
Residencia | Francia |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Antiga Universidade de París (1200-1215) |
Actividade | |
Ocupación | médico, obstetra, naturalista, zoólogo |
Empregador | Universidade de Montpellier |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Alfredo Dugès e Eugenio Dugès |
Pai | Pierre Augustin Delzescauts-Dugès |
Parentes | Marie Jonet, avoa Marie-Louise Lachapelle, tía |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Antoine Louis Dugès nado en Charleville-Mézières (Ardenas) o 19 de decembro de 1797, e finado en Montpellier o 1 de maio de 1838,[2] foi un médico especializado en obstetricia, naturalista e zoólogo francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antoine Dugès era fillo[3] e neto de médicos,[4][5] e sobriño de Marie-Louise Lachapelle, de solteira Dugès, comadroa, e neto de Marie Jonet (Mme. Dugès), tamén comadroa.[6]
Aos 16 anos marchou a París para estudar medicina na Facultade de Medicina da Antiga Universidade de París. Desde o primeiro ano recibiu un dos premios da Facultade de Medicina. Despois gañou regularmente os distintos concursos organizados para estudantes. En 1817 foi alumno interno, e pasou a ser anatomista axudante en 1819, e efectivo en 1820. Acadou o título de doutor en 1821 defendeu a tese Recherches sur les maladies les plus importantes et les moins connues des enfants nouveau-nés (Investigacións sobre as enfermidades máis importantes e menos coñecidas dos nenos recentemente nacidos).
En 1823 publicou un Essai physiologico-pathologique sur la nature de la fièvre, de l'inflammation et des principales névroses... suivi de l'Histoire des maladies observées à l'hôpital des Enfants malades pendant l'année 1818 (Ensaio fisiopatolóxico sobre a natureza da febre, a inflamación e as principais neuroses... seguido da Historia das enfermidades observadas no hospital de nenos enfermos durante o ano 1818), no que trataba de reconciliar as distintas teorías contraditorias entón en vigor.
En 1825 foi recibido no concurso para profesor agregado, instituído o ano anterior. Acadou a cátedra obstetricia na Facultade de Medicina da Universidade de Montpellier, entón en plena reorganización. En 1826 publicou un Manual de Obstetricia que tivo varias reedicións.
En 1838 e 1839 publicou o Traité de physiologie comparée de l'homme et des animaux (Tratado de fisioloxía comparada do home e dos animais), en dous tomos.
Antoine Dugès destacou tamén no campo da historia natural. Especialmente estudou os batracios (Recherches sur l'ostéologie et la myologie des batraciens à leurs différents âges, París, 1834) e os ácaros (Recherches sur l'ordre des Acariens en général et la famille des Trombidées en particulier).
Foi o autor de varias obras orixinais, entre elas Sur la conformité organique dans l'échelle animale, 1832 (Sobre a conformidade orgánica na escala animal), e Recherches sur les Batraciens, 1834 (Investigacións sobre os Batracios), obra salientada polo Instituto de Francia.[7]
Foi o pai de dous zoólogos, residentes ambos os dous en México: Alfredo Dugès (1826–1910) e Eugenio Dugès (1835–1895).
Foi membro de numerosas sociedades científicas, como a Academia de Medicina e a Academia de Ciencias de París, e a Academia de Ciencias de Berlín.
Tamén foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor e da Orde do Mérito.
A teoría colonial
[editar | editar a fonte]Dugès é o autor da teoría colonial dos organismos, na que tratou de reconciliar as ideas enfrontadas de Georges Cuvier e Étienne Geoffroy Saint-Hilaire. Segundo Dugès, todos os grupos de animais poden comprenderse, en relacións dos uns cos outros, grazas a catro "leis primitivas":
- A lei da multiplicidade dos organismos
- A lei da disposición dos organismos
- A lei da modificación e da complicación dos organismos
- A lei da coalescencia
A partir destas catro leis, Dugès infire unha clasificación dos animais en sete grandes divisións.
Obras
[editar | editar a fonte]Escritas por Dugès
[editar | editar a fonte]- Recherches sur les maladies les plus importantes et les moins connues des nouveau-nés. París: Baillière, 1821, 92 p. — Tese de doutoramento.
- Essai physiologico-pathologique sur la nature de la fièvre, de l'inflammation et des principales névroses: suivi de l'Histoire des maladies observées à l'Hôpital des enfants malades, pendant l'année 1818, 1823.
- Mémoires sur la conformité organique dans l'échelle animale, 1832.
- Recherches sur l'ostéologie et la myologie des batraciens à leurs différents âges, 1834.
- Recherches sur l'ordre des Acariens en général et la famille des Trombidées en particulier, 1834.
- Remarques sur la couleuvre de Montpellier, avec quelques observations sur le développement des dents venimeuses, sur les variations de couleur individuelles ou dues à l'âge, sur un cas d'absence presque complète des écailles, etc., en Annales des sciences naturelles: zoologie et biologie animale, Masson, 1835, pp. 137–15011.
- Traité de physiologie comparée de l'homme et des animaux, 1838–1839. (3 volumes).
- Manuel d'obstétrique, ou Traité de la science et de l'art des accouchements: contenant l'exposé des maladies de la femme et de l'enfant nouveau-né, suivi d'un précis sur la saignée et la vaccination, 1840.
En colaboración
[editar | editar a fonte]- Marie-Louise Lachapelle (1821): Pratique des accouchements ou Mémoires et observations choisies, sur les points les plus importants de l'art, París: J. B. Baillière. (3 volumes).
- Georges Cuvier: Le règne animal distribué d'après son organisation: pour servir de base à l'histoire naturelle des animaux et d'introduction à l'anatomie comparée.
- A. Dugès (1833): Traité pratique des maladies de l'utérus et de ses annexes (con Marie Boivin). París: Baillière. (3 volumes).
Honores
[editar | editar a fonte]Epónimos
[editar | editar a fonte]Antoine Louis Dugès conmemórase co nome científico dunha especie de lagarto, Lacerta dugesii,[8] hoxe reclasificada como Teira dugesii.[9]
O xénero de planarias de auga doce Dugesia leva o seu nome.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Dugès emprégase para recoñecer a Antoine Louis Dugès como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Como os seus ascendentes e os seus descendentes, só utilizab a a parte Dugès do seu apelido. Asinaba os seus libros como "Ant. Dugès".
- ↑ Décès 1838 Archives départementales de l'Hérault, état-civil de Montpellier, registre des décès de 1838.
- ↑ Pierre Augustin Delzescauts-Dugès (Paris, 1763–Paris, 1831), chirurgien en chef de l'hôpital de Mézières, chevalier de la Légion d'Honneur (1806).
- ↑ "Dunha familia que xa tiña varios médicos", como confirma Amédée Dechambre na súa biografía.
- ↑ Amédée Dechambre 1884, p. 642.
- ↑ Incluso era bisneto duna parteira, xa que Marie Jonet Dugès era filla duna parteira cuxo nome non se conserva.
- ↑ Ver a lista de títulos en SUDOC.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2014): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Dugès, A.L.", pp. 76-77).
- ↑ Mayer, W. & Bischoff, W. (1996): "Beiträge zur taxonomischen Revision der Gattung Lacerta (Reptilia: Lacertidae) Teil 1: Zootoca, Omanosaura, Timon und Teira als eigenständige Gattungen". Salamandra 32 (3): 163–170. (Teira dugesii, nova denominación).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antoine Louis Dugès |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amédée Dechambre (1884): "Dugès (Antoine-Louis)", no Dictionnaire encyclopédique des sciences médicales, vol. 64, p. 642.
- Schmitt, Stéphane (2006). Aux origines de la biologie moderne. L'anatomie comparée d'Aristote à la théorie de l'évolution. París: Éditions Belin.