Teira dugesii
Teira dugesii | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Teira dugesii na illa de São Jorge | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Teira dugesii (Milne-Edwards, 1829) | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Teira dugesii é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Teira.[2][3]
A especie é endémica do arquipélago de Madeira, Portugal. Nas Azores este lagarto naturalizouse tras a súa introdución involuntaria polo comercio marítimo entre os dous arquipélagos. Así mesmo, tamén hai poboacións introducidas na área de Lisboa.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1838 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray,[2][3]
Especie
[editar | editar a fonte]A especie describíraa en 1829 o médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards, baixo o nome de Lacerta dugesii.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, dugesii, é unha homenaxe ao médico e naturalista francés Antoine Louis Dugès.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Lacerta dugesii Milne-Edwards, 1829 (protónimo)
- Podarcis dugesii Engelmann et al., 1993
- Teira dugesii Mayer & Bischoff, 1996
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na especie recoñécenese as seguintes catro subespecies,[4] que se diferencian principalmente na aparencia e na área de distribución.
Nome científico | Autor | Distribución |
---|---|---|
Teira dugesii dugesii | Milne-Edwards, 1829 | Na maior parte da área de distribución |
Teira dugesii jogeri | Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 | Illa de Porto Santo |
Teira dugesii mauli | Mertens, 1938 | Illas Desertas |
Teira dugesii selvagensis | Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 | Illa Salvaxe Grande |
Hábitat
[editar | editar a fonte]Os hábitats naturais desta especie son bosques e matogueiras temperadas, vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, zonas rochosas, costas rochosas e areosas, terras cultivadas, pastos, plantacións, xardíns rurais e zonas urbanas.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Teira dugesii alcanza unha lonxitude corporal, desde o fociño atá a fenda clocacal, duns 8 cm, tendo a cola unha lonxitude dunhas 1,7 veces a lonxitude da parte anteriormente citada. A súa coloración é variábel, e tende a coincidir coa cor da contorna do animal, de tons marróns ou grises con, ocasionalmente, un matiz verdecente. A maioría dos animais están finamente manchados con marcas máis escuras. As partes inferiores son brancas ou de cor crema, ás veces con manchas escuras, e algúns machos teñen as partes inferiores alaranxadas ou vermellas e a gorxa azul, pero estas cores brillantes poden desaparecer se o animal é perturbado.[6]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Comportamento
[editar | editar a fonte]Teira dugesii é moi común no arquipélago de Madeira, onde é un dous únicos réptiles presentes (o outro é o xeco Tarentola bischoffi, que só se atopa nas illas Salvaxes). Encóntrase desde as costas do mar até altitudes de 1 850 m. Adoita atoparse en lugares rochosos ou entre matogueiras, e pode gabear ás árbores. Tamén se atopa nos xardíns e nas paredes dos edificios. A cola despréndese facilmente e o toco rexenérase lentamente.[6]
Dieta
[editar | editar a fonte]Alimentación|Aliméntase de pequenos invertebrados como as formigas, e tamén come algo de materia vexetal, como as bananas.[6]
Reprodución
[editar | editar a fonte]As femias adultas de Teira dugesii poñen de dúas a tres camnadas de ovos ao ano, e os xuvenís miden uns 3 cm cando os ovos eclosionan.[6]
Nos Azores e en Lisboa
[editar | editar a fonte]Existen algunhas poboacións nas illas Azores, descendentes de animais introducidos accidentalmente durante o século XIX por barcos que viaxaban entre os dous arquipélagos, sen alcanzar nunca as cifras de poboación que acadan no seu territorio de orixe.[7][8]
E aínda hai unha pequena poboación na zona portuaria de Lisboa, probabelmente transportada accidentalmente en barcos bananeiros, e detectada por primeira vez en 1992.[8] Un estudo de 2001 descubriu que a poboación se mantívose estábel desde o seu descubrimento.
Todos os espécimes introducidos corresponden á subespecie Teira dugesii dugesii.[8]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Non se coñecen grandes ameazas para esta especie. Adoita considerarse unha especie de praga, e está controlada nos viñedos xa que come uvas.[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante) porque, aínda que a extensión da área onde aparice é inferior a 5 000 km2, é común, vive en hábitats que non están significativamente ameazados e a súja poboación non parece estar en declive.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Paulo Sá-Sousa & Roberto Sindaco (2009): Teira dugesii na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Teira Gray, 1838 no GBIF. Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Teira Gray, 1838 na BioLib. Consultada o 3 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Teira dugesii (Milne-Edwards, 1829) en The Reptile Database.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Lacerta dugesii", p. 76; "Joger", p. 135).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Arnold & Ovenden 2002.
- ↑ Bischoff et al. 1989.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Sá-Sousa 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teira dugesii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Teira dugesii |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold, E. Nicholas & Ovenden, Denys W. (2002): Field Guide: Reptiles & Amphibians of Britain & Europe. London: Collins & Co. ISBN 978-0-0021-9964-3, pp. 154–155.
- Bischoff, W., Osenegg, K. & Mayer W (1989): "Untersuchungen zur subspezifischen Gliederung der Madeira-Mauereidechse, Podarcis dugesii (Milne-Edwards, 1829)". Salamandra 25 (3-4): 237-259.
- Engelmann, Wolf-Eberhard; Fitzsche, Jürgen; Günther, Rainer & Obst, Fritz Jürgen (1993): Lurche und Kriechtiere Europas: Beobachten und bestimmen. Radebeul, Alemaña: Neumann Verlag. ISBN 3-7402-0094-4.
- Mayer, W. & Bischoff, W. (1996): "Beiträge zur taxonomischen Revision der Gattung Lacerta (Reptilia: Lacertidae) Teil 1: Zootoca, Omanosaura, Timon und Teira als eigenständige Gattungen". Salamandra 32 (3): 163–170. (Teira dugesii, nova denominación).
- Milne-Edwards H (1829); "Recherches zoologiques pour servir à l'histoire des Lézards, extraites d'une Monographie de ce genre". Annales des Sciences Naturelles, Paris 16: 50–89 + Plates V–VIII. (Lacerta dugesii, new species, p. 84 + Plate VI, figure 2).
- Sá-Sousa, P. (1995): "The introduced Madeiran lizard, Lacerta (Teira) dugesii in Lisbon". Amphibia-Reptilia 16 (2): 211-214.